Pontón propón "duplicar o investimento no libro e na lectura" na vindeira lexislatura. Fíxoo nunha visita a Editorial Xerais, durante a que instou ao cumprimento da lei do libro de 2006 e avanzou propostas do BNG no eido cultural.
Fálase
Preséntase en Uruguai o Celta-Dépor que se xoga este xoves en Montevideo. Na presentación participou o embaixador de España en Uruguai, o ex-conselleiro de Cultura Roberto Varela.
A Deputación da Coruña súmase á retirada de honras a Franco en institucións galegas. O ditador aínda ostenta os títulos de fillo predilecto da provincia, medalla de ex-combatente galego e presidente de honra.
A Autoridade Fiscal advirte á Xunta de que a súa alza do gasto transgrede a lei de estabilidade. Cóntao Faro de Vigo
Erdogan decreta o estado de emerxencia durante tres meses, mentres continúan as detencións e purgas de xuíces e funcionario e despedimentos de 6.500 mestres, ás que uniu o peche de 600 escolas. Amnistía Internacional denuncia que a represión confirma que o país non é "en ningún caso seguro para as persoas refuxiadas"
Ted Cruz négase a apoiar a Donald Trump na Convención do Partido Republicano. O ultraconservador Mike Pence acepta oficialmente a nominación como aspirante á Vicepresidencia.
O Goberno retira outros 1.000 millóns do Fondo de Reserva das pensións, tras os 8.700 que xa gastou o 1 de xullo. Dende o 2012 o fondo reduciuse en 51.000 millóns e na actualidade fica en algo máis de 24.000
El Diario repasa os pactos entre PP e nacionalistas dos últimos anos, dende os acordos entre Aznar e Pujol ata a recente votación conxunta para a elección da Mesa do Congreso. E tamén lembra o que dicían os populares cando o PSOE chegaba a acordos semellantes.
O Dépor feminino xunta por primeira vez a todo o seu plantel. O equipo coruñés vén de desenvolver o seu primeiro adestramento para a preparación da tempada.
ELNOSA di que quere manter "a actividade produtiva e comercial en Pontevedra", que a súa "reconversión" é posible e que está facer "esforzos" para quedar no seu actual emprazamento que, en principio, debería abandonar en 2018. Pola súa banda, a Mancomunidade de Montes de Pontevedra rexeita a instalación da central de biomasa de ENCE en Lourizán que, din, "aumentará a presión sobre os propietarios particulares" para realizar plantacións de eucaliptos.