El Diario repasa os pactos entre PP e nacionalistas dos últimos anos, dende os acordos entre Aznar e Pujol ata a recente votación conxunta para a elección da Mesa do Congreso. E tamén lembra o que dicían os populares cando o PSOE chegaba a acordos semellantes.
Fálase
O Dépor feminino xunta por primeira vez a todo o seu plantel. O equipo coruñés vén de desenvolver o seu primeiro adestramento para a preparación da tempada.
ELNOSA di que quere manter "a actividade produtiva e comercial en Pontevedra", que a súa "reconversión" é posible e que está facer "esforzos" para quedar no seu actual emprazamento que, en principio, debería abandonar en 2018. Pola súa banda, a Mancomunidade de Montes de Pontevedra rexeita a instalación da central de biomasa de ENCE en Lourizán que, din, "aumentará a presión sobre os propietarios particulares" para realizar plantacións de eucaliptos.
A regatista olímpica Sofía Toro será a pregoeira das festas de María Pita da Coruña
Celta e Deportivo xogarán este xoves o derbi homenaxe á emigración galega en Uruguai, despois de días de incertezas e negociacións ao redor das dificultades para garantir a seguridade no partido. Ademais, os celestes enfrontaranse o sábado a Nacional e os branquiazuis xogarán o domingo contra Peñarol.
Dende hai unhas horas está activa a web da Marea Constituínte, na que se pode asinar o manifesto lanzado polos alcaldes, e así participar na asemblea convocada para o 30 de xullo en Vigo e no posterior proceso de primarias e construción programática
Olla neste vídeo o momento no que vítimas do accidente do Alvia abandonan a xuntanza en Fomento, ante a ausencia de Ana Pastor, mentres lles detallan aos representantes do Ministerio os motivos e lles reiteran as súas demandas
Suspéndese a criticada novillada de Abegondo. O seu promotor explica a decisión por motivos loxísticos.
Donald Trump, designado candidato na Convención do Partido Republicano, ante a que intevirá este mércores
El Diario analiza as consecuencias do éxito acadado polo PP nas votacións para elixir a Presidencia e a Mesa do Congreso, nas que chegou a sumar 179 votos, por riba da maioría absoluta. CDC, ERC e PNV negan ter apoiado os cadidatos populares. E o PSOE traslada aos partidos nacionalistas a responsabilidade de permitir a continuidade de Rajoy, augurando unha abstención de CDC e PNV na investidura