El Diario analiza as consecuencias do éxito acadado polo PP nas votacións para elixir a Presidencia e a Mesa do Congreso, nas que chegou a sumar 179 votos, por riba da maioría absoluta. CDC, ERC e PNV negan ter apoiado os cadidatos populares. E o PSOE traslada aos partidos nacionalistas a responsabilidade de permitir a continuidade de Rajoy, augurando unha abstención de CDC e PNV na investidura
Fálase
Absolven o cantante de Def con Dos, César Strawberry, no xuízo no que era acusado de enaltecemento do terrorismo e humillación ás vítimas por varios chíos en Twitter. Recólleo eldiario.es
Absolven o cantante de Def con Dos, César Strawberry, no xuízo no que era acusado de enaltecemento do terrorismo e humillación ás vítimas por varios chíos en Twitter. Recólleo eldiario.es
A Audiencia de Lugo absolve as 8 persoas xulgadas na Operación Rei, na que se investigaban supostas adxudicacións irregulares no Concello de Castro de Rei. A Sala anulou as escoitas nas que se baseaba o caso e conclúe que non existe "proba ningunha" de delitos.
Ana Pastor, elixida presidenta do Congreso. Obtivo 169 votos (PP e Ciudadanos), por 155 de Patxi López e 25 en branco.
Os 'barcos pantasma' de Pemex: o xornal mexicano El Financiero dedica un amplo especial ás incertezas sobre os compromisos da petroleira mexicana en Galicia por mor da fonda crise na que se atopa a empresa, no bordo da quebra dende hai máis dun ano.
AO VIVO En marcha a sesión constitutiva do Congreso. Podes seguir a retransmisión ao vivo nesta ligazón
PP e PSOE obtiveron votos procedentes de Ciudadanos, mentres que En Marea perdeu apoios en beneficio dos socialistas, segundo reflicte unha enquisa de Sondaxe que estuda o comportamento electoral dos/as galegos/as no 26X, e que destaca o incremento da abstención
Hoxe baixan as temperaturas en toda Galicia, despois de tres días nos que se acadaron os valores máximos no que vai de ano, chegando aos 41 graos en Ourense.
Este martes constitúense as Cortes, cunha sesión que se iniciará ás 10 horas coa formación das Mesas de Congreso e Senado