AO VIVO En marcha a sesión constitutiva do Congreso. Podes seguir a retransmisión ao vivo nesta ligazón

AO VIVO En marcha a sesión constitutiva do Congreso. Podes seguir a retransmisión ao vivo nesta ligazón
PP e PSOE obtiveron votos procedentes de Ciudadanos, mentres que En Marea perdeu apoios en beneficio dos socialistas, segundo reflicte unha enquisa de Sondaxe que estuda o comportamento electoral dos/as galegos/as no 26X, e que destaca o incremento da abstención
Hoxe baixan as temperaturas en toda Galicia, despois de tres días nos que se acadaron os valores máximos no que vai de ano, chegando aos 41 graos en Ourense.
Este martes constitúense as Cortes, cunha sesión que se iniciará ás 10 horas coa formación das Mesas de Congreso e Senado
Morre o pai de Alberto Núñez Feijóo. Saturnino Núñez faleceu en Vigo na tarde deste luns, será enterrado este martes na intimidade e o presidente cancelou a súa axenda.
O Goberno central envía medios aéreos e terrestres a un incendio en Lobios. O Ministerio de Medio Ambiente desprega alí dous avións anfibios Canadair.
Elévanse a cinco o traballadores contra incendios feridos, un deles grave, mentres loitaban contra o lume en Ribas de Sil. O incendio, que permanece activo, xa atinxiu a unhas 15 hectáreas e os traballadores foron trasladados ao hospital da Coruña.
Tres traballadores do servizo contra incendios, feridos mentres loitaban contra o lume en Ribas de Sil, segundo informa Medio Rural, que confirma tamén outro incendio en Lobios, onde xa arderon máis de 20 hectáreas.
Rajoy propón como nova presidenta do Congreso á ministra de Fomento, Ana Pastor. Así o vén de anunciar ante a xunta directiva do PP, á que informou do seu pacto con Ciudadanos na Mesa da Cámara Baixa.
O PP presidirá o Congreso dos Deputados grazas a un pacto con Ciudadanos. O acordo pechouse esta mañá e implica que os de Rajoy lle cedan dous postos na Mesa aos de Rivera. Cóntao eldiario.es