Este martes constitúense as Cortes, cunha sesión que se iniciará ás 10 horas coa formación das Mesas de Congreso e Senado

Este martes constitúense as Cortes, cunha sesión que se iniciará ás 10 horas coa formación das Mesas de Congreso e Senado
Morre o pai de Alberto Núñez Feijóo. Saturnino Núñez faleceu en Vigo na tarde deste luns, será enterrado este martes na intimidade e o presidente cancelou a súa axenda.
O Goberno central envía medios aéreos e terrestres a un incendio en Lobios. O Ministerio de Medio Ambiente desprega alí dous avións anfibios Canadair.
Elévanse a cinco o traballadores contra incendios feridos, un deles grave, mentres loitaban contra o lume en Ribas de Sil. O incendio, que permanece activo, xa atinxiu a unhas 15 hectáreas e os traballadores foron trasladados ao hospital da Coruña.
Tres traballadores do servizo contra incendios, feridos mentres loitaban contra o lume en Ribas de Sil, segundo informa Medio Rural, que confirma tamén outro incendio en Lobios, onde xa arderon máis de 20 hectáreas.
Rajoy propón como nova presidenta do Congreso á ministra de Fomento, Ana Pastor. Así o vén de anunciar ante a xunta directiva do PP, á que informou do seu pacto con Ciudadanos na Mesa da Cámara Baixa.
O PP presidirá o Congreso dos Deputados grazas a un pacto con Ciudadanos. O acordo pechouse esta mañá e implica que os de Rajoy lle cedan dous postos na Mesa aos de Rivera. Cóntao eldiario.es
O Concello da Coruña retira do Pazo de María pita os retratos dos alcaldes militares impostos tras o golpe de Estado de 1936, José Fuciños Gayoso e Hernán Martín de Barbadillo. A retirada responde á recomendación da comisión municipal de expertos para a aplicación da lei da memoria histórica, indica o Goberno local.
O Parlamento galego condena o golpe e a ditadura franquista no seu 80 aniversario. A través dunha declaración institucional -que só pode ser aprobada por unanimidade- a Cámara reitera "a importancia de proseguir coas accións dirixidas a recuperar e dignificar a memoria das vítimas".
Inaugúrase arestora na USC 1936. Un novo relato? 80 anos, entre historia e memoria, no que expertos internacionais procuran renovar o relato histórico sobre o golpe franquista, a guerra e a represión.