Rajoy propón como nova presidenta do Congreso á ministra de Fomento, Ana Pastor. Así o vén de anunciar ante a xunta directiva do PP, á que informou do seu pacto con Ciudadanos na Mesa da Cámara Baixa.

Rajoy propón como nova presidenta do Congreso á ministra de Fomento, Ana Pastor. Así o vén de anunciar ante a xunta directiva do PP, á que informou do seu pacto con Ciudadanos na Mesa da Cámara Baixa.
O PP presidirá o Congreso dos Deputados grazas a un pacto con Ciudadanos. O acordo pechouse esta mañá e implica que os de Rajoy lle cedan dous postos na Mesa aos de Rivera. Cóntao eldiario.es
O Concello da Coruña retira do Pazo de María pita os retratos dos alcaldes militares impostos tras o golpe de Estado de 1936, José Fuciños Gayoso e Hernán Martín de Barbadillo. A retirada responde á recomendación da comisión municipal de expertos para a aplicación da lei da memoria histórica, indica o Goberno local.
O Parlamento galego condena o golpe e a ditadura franquista no seu 80 aniversario. A través dunha declaración institucional -que só pode ser aprobada por unanimidade- a Cámara reitera "a importancia de proseguir coas accións dirixidas a recuperar e dignificar a memoria das vítimas".
Inaugúrase arestora na USC 1936. Un novo relato? 80 anos, entre historia e memoria, no que expertos internacionais procuran renovar o relato histórico sobre o golpe franquista, a guerra e a represión.
Podemos pedirá máis peso en En Marea para sumarse á alianza. A militancia da formación tomará a decisión final nunha consulta telemática, que se celebrará a comezos de agosto.
El Periódico dedica un especial, dende a súa portada, ao 80 aniversario do golpe, no que inclúe unha simulación de como se tería organizado e desenvolvido a sublevación a través de whatsapp ou un repaso ás portadas dos xornais do 19 de xullo
Un ex marine afroamericano mata tres policías na cidade estadounidense de Baton Rouge, poucos días despois dunha protesta contra dous novos casos de violencia policial contra a poboación negra
A ultradereita francesa criminalizou os refuxiados españois en 1939 como agora fai cos sirios, chamándoos delincuentes