A Garda Civil rexistra o Concello de Coristanco. Investigan, segundo a TVG, presuntos delitos de prevaricación e tráfico de influencias.
Fálase
O Parlamento restrinxe a presenza de medios gráficos no hemiciclo e dende agora só permite unha cámara por medio agás na sesión de control ao presidente.
O director da Garda Civil anuncia "querelas criminais" contra inmigrantes e activistas. Arsenio Fernández de Mesa denunciará a quen "inxuriou ou calumniou" os axentes pola actuación na que morreron quince persoas.
Volven ocupar a Sala Yago, o teatro compostelán e antigo cine que leva pechado dende 2007. (Foto: @RosaAneiros)
O ministerio do Interior aclara que non prohibiu os disfraces de Garda Civil no Entroido. Recólleo Europa Press.
A terceira edición dos Premios Incuvi-Emprende seleccionou oito empresas dun total de 29 proxectos presentados, que se instalarán nos campus de Vigo e Pontevedra. Ademais, seleccionáronse seis accésits que compartirán espazos de coworking
Europa Press faise eco da publicación de Angrois, o AVE en anacos, o libro de David Reinero que inaugura a colección dos Libros de Praza & Meubook
Mashable publica imaxes do que podería ser o inminente redeseño de Twitter, que achegaría a súa interface ao deseño de Facebook.
Dous vídeos científicos galegos, Breaking the Rules e Ecoloxía e evolución de polimorfismos florais, acadan recoñecemento internacional, ao ser premiados no festival virtual Hollywood Shorts Reel 14
Jorge Blázquez, membro de Economistas Frente a la Crisis, analiza a evolución dos salarios nas últimas decadas (en España o peso dos salarios no PIB caeu 14 puntos dende 1976) e advirte de que seguirán baixando.