Jorge Blázquez, membro de Economistas Frente a la Crisis, analiza a evolución dos salarios nas últimas decadas (en España o peso dos salarios no PIB caeu 14 puntos dende 1976) e advirte de que seguirán baixando.
Fálase
Activistas pola renda básica interromperon onte os informativos de TVE Extremadura para criticar que os "titulares" do presidente autonómico, José Antonio Monago, só son "propaganda" e que non aplica as medidas aprobadas na Asemblea rexional
La Sexta emite unha reportaxe sobre a manipulación na TVG. O programa El Intermedio desprázase a Compostela e entrevista a presidenta do comité de empresa. "A directora de informativos foi interventora polo PP", denuncian os traballadores ao xornalista galego Gonzo.
O PP ratifica hoxe o seu voto en contra á iniciativa do BNG contra a pobreza enerxética que incluían, entre outras medidas, un plan para evitar os cortes da luz durante o inverno.
A PAH denuncia que, dende comezos de ano, as ordes de desafiuzamento non inclúen data para así dificultar as mobilizacións. En El Diario.
A xuíza De Lara ergue o segredo de sumario sobre toda a operación Pokémon, agás "algúns folios distribuídos en diferentes tomos" que "xa forman parte dunha peza separada".
4gotas explica as causas e o desenvolvemento das catro borrascas que golpearon Galicia nos últimos días e destaca que, a pesar de que este mércores se espera unha nova fronte e que o venres chegará unha nova cicloxénese explosiva, as chuvias desaparecerán a partir do domingo ou o luns
Este 11 de febreiro celébrase o día contra a vixilancia masiva de internet e en lembranza de Aaron Swartz. Reddit, Mozilla ou Tumblr, entre máis de seis mil webs, protestan contra a NSA.
Xa se pode usar Telegram en galego. Un grupo de usuarios levou a cabo a tradución desta aplicación de mensaxería na súa versión Android. En paralelo, Pablo Belay levou a cabo unha tradución ao galego da aplicación web non oficial, que se pode probar nos servidores de chuza.gl