Un xuíz da Arxentina ordena a detención de Hebe de Bonafini, a histórica líder das Madres de Plaza de Mayo. Medios arxentinos como La Nación ou Clarín están a informar ao respecto
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/57a44eedbcbf7-hebe-742cfopq27s0.jpg)
Un xuíz da Arxentina ordena a detención de Hebe de Bonafini, a histórica líder das Madres de Plaza de Mayo. Medios arxentinos como La Nación ou Clarín están a informar ao respecto
Volven estar activos os sitios web dependentes da Xunta tras a caída sufrida durante a xornada do xoves.
O xuízo do caso 'Campeón' celebrarase en torno ao verán de 2017. Nel sentarán no banco o principal imputado, Jorge Dorribo, e catro ex-cargos da Xunta e do PP. Recólleo Faro de Vigo
Os sitios web dependentes da Xunta permanecen caídos dende a mañá deste xoves. A causa é "unha incidencia técnica" que, informan dende o Goberno, está en vías de solución.
Ciudadanos insta a "empezar a falar" do "Corredor Atlántico" ferroviario, en referencia ao Eixo Atlántico, que foi inaugurado en 2015. O secretario de organización do partido, Francisco Hervías, anunciou a convocatoria de votacións entre a militancia para elixir as listas ao Parlamento galego.
Israel aproba unha lei que permitirá encarcerar menores de 14 anos por "terrorismo"
A Fiscalía arquiva a denuncia pola viaxe á Coruña do alcalde de Valencia. O PP denunciara o que consideraba un acto de precampaña dos rexedores do cambio pagado con fondos públicos.
Rajoy e Rivera negociarán as decisións económicas máis importantes á espera do PSOE. Os líderes de PP e Ciudadanos acordan manter “unha canle permanente de comunicación”.
A militancia de Podemos Galicia di "si" á confluencia con En Marea o 25-S. Os votos afirmativos foron 4.576, mentres que se decantaron polo "non" un total de 1.474. A información, hoxe en Praza.
Extinguido o incendio que afectou máis de 100 hectáreas en Arbo