A militancia de Podemos Galicia di "si" á confluencia con En Marea o 25-S. Os votos afirmativos foron 4.576, mentres que se decantaron polo "non" un total de 1.474. A información, hoxe en Praza.
Fálase
Extinguido o incendio que afectou máis de 100 hectáreas en Arbo
Ciudadanos busca un candidato independente e personaxe pública para as eleccións galegas. O partido laranxa busca entre tertulianos e periodistas o seu cabeza de cartel para o 25S.
Un incendio forestal en Arbo achégase a unha ducia de vivendas. Medio Rural di que se iniciou á unha da madrugada, que foi “estabilizado” cara o mediodía e que afecta unhas 90 hectáreas. Deuno por controlado contra as 18:45 desta tarde.
Os deputados non cobrarán indemnización pola disolución do Parlamento de Galicia, ao igual que na pasada lexislatura. Así o decidiu este martes a Mesa da Cámara. Ao contrario que daquela, nesta ocasión non poderán mercar os ordenadores portátiles que lles cedeu o Parlamento e deberán devolvelos.
O paro rexistrado baixou en xullo en 11.863 inscricións en Galicia, son 20.914 persoas menos anotadas nas oficinas de emprego que hai un ano. No mesmo período as afiliacións á Seguridade Social aumentaron en 16.045 persoas a respecto do mes anterior. Son 16.094 máis que en xullo de 2015.
O Ministro de Sanidade, Alfonso Alonso, será o candidato do PP a lehendakari. Coa súa marcha, o Goberno en funcións queda con 9 dos 12 ministros que tiña antes da saída en abril de José Manuel Soria de Industria e hai dúas semanas de Ana Pastor de Fomento.
Anuncian unha moción de censura contra o PP en Mugardos. Esquerda Unida (3 concelleiros), Iniciativa Cidadá de Mugardos (3) e BNG (2) acordan agora un pacto que non acadaron hai un ano e presentan a iniciativa para desbancar o PP (4 concelleiros) e o seu alcalde, Juan Domingo de Deus.
Feijóo ratifica que anunciará "esta tarde" a data das eleccións. A preguntas da prensa tras un acto na Coruña confirmou que revelará hoxe a decisión tras falar co Goberno. Este luns expira o prazo para que a convocatoria galega cadre coas eleccións vascas do 25 de setembro.
O pregón da regatista Sofía Toro e o concerto de Carlinhos Brown abren este luns as festas de María Pita da Coruña. O programa íntegro pódese consultar nesta ligazón