O paro rexistrado baixou en xullo en 11.863 inscricións en Galicia, son 20.914 persoas menos anotadas nas oficinas de emprego que hai un ano. No mesmo período as afiliacións á Seguridade Social aumentaron en 16.045 persoas a respecto do mes anterior. Son 16.094 máis que en xullo de 2015.
Fálase
O Ministro de Sanidade, Alfonso Alonso, será o candidato do PP a lehendakari. Coa súa marcha, o Goberno en funcións queda con 9 dos 12 ministros que tiña antes da saída en abril de José Manuel Soria de Industria e hai dúas semanas de Ana Pastor de Fomento.
Anuncian unha moción de censura contra o PP en Mugardos. Esquerda Unida (3 concelleiros), Iniciativa Cidadá de Mugardos (3) e BNG (2) acordan agora un pacto que non acadaron hai un ano e presentan a iniciativa para desbancar o PP (4 concelleiros) e o seu alcalde, Juan Domingo de Deus.
Feijóo ratifica que anunciará "esta tarde" a data das eleccións. A preguntas da prensa tras un acto na Coruña confirmou que revelará hoxe a decisión tras falar co Goberno. Este luns expira o prazo para que a convocatoria galega cadre coas eleccións vascas do 25 de setembro.
O pregón da regatista Sofía Toro e o concerto de Carlinhos Brown abren este luns as festas de María Pita da Coruña. O programa íntegro pódese consultar nesta ligazón
Rajoy inicia unha segunda rolda de contactos cos partidos e centra a presión en Ciudadanos para tentar lograr a investidura.
A A-8 está cortada ao tráfico no alto do Fiouco desde a noite do venres por pouca visibilidade, alerta a DGT. Esta é a peor época do ano para a operatividade da estrada.
Cinco motivos polos que a Rajoy lle resulta tan difícil dimitir. Por Gonzalo Cortizo.
Feijóo di, nunha entrevista con Europa Press publicada este sábado, que non se ve como ese “presidente novo” que pide Albert Rivera en substitución de Rajoy. O titular da Xunta rexeita “especular sobre trivialidades”.
O BNG presenta as súas bases programáticas para as autonómicas. “Galiza necesita un proxecto de país, non un corta e pega de Ferraz, Génova ou da Complutense”, di Ana Pontón.