A A-8 está cortada ao tráfico no alto do Fiouco desde a noite do venres por pouca visibilidade, alerta a DGT. Esta é a peor época do ano para a operatividade da estrada.
Fálase
Cinco motivos polos que a Rajoy lle resulta tan difícil dimitir. Por Gonzalo Cortizo.
Feijóo di, nunha entrevista con Europa Press publicada este sábado, que non se ve como ese “presidente novo” que pide Albert Rivera en substitución de Rajoy. O titular da Xunta rexeita “especular sobre trivialidades”.
O BNG presenta as súas bases programáticas para as autonómicas. “Galiza necesita un proxecto de país, non un corta e pega de Ferraz, Génova ou da Complutense”, di Ana Pontón.
Comeza no Auditorio Mar de Vigo a Marea Constituínte, convocada polos alcaldes da Coruña, Santiago e Ferrol. Cara as 18.00 horas prevese unha rolda de prensa de balance da xornada.
O comité provincial do PSOE de Pontevedra deixa fóra da lista para as autonómicas á actual voceira parlamentaria, Patricia Vilán, afín ao candidato Leiceaga. Abel Losada, apoiado por Caballero, encabeza unha lista que aínda pode ser modificada en Santiago e Madrid.
Baltasar Garzón presenta unha demanda para sacar os restos de Franco e Primo de Rivera do Valle de los Caídos. O ex-xuíz pide a transformación do recinto nun “espazo da memoria” das vítimas.
A plana maior do PP de Aznar declarará como testemuña no primeiro gran xuízo da Gürtel, que comeza en outubro. O tribunal acepta a petición de Bárcenas de que declaren Cascos, Arenas, Acebes, Rato e Mayor Oreja.
A Deputación de Pontevedra fai oficial a retirada das honras a Franco como presidente perpetuo da institución. A Deputación coruñesa retiroullas tamén oficialmente esta mesma mañá, tras a homenaxe tributada este xoves aos alcaldes asasinados polos golpistas.
O Constitucional anula as taxas xudiciais do goberno Rajoy. Tras implantalas na etapa de Ruiz-Gallardón, o Goberno central suprimíraas para persoas físicas o pasado 2015 e mantívoas para as xurídicas. Durante estes anos xeraron un fondo rexeitamento en todos os sectores da xustiza.