Baltasar Garzón presenta unha demanda para sacar os restos de Franco e Primo de Rivera do Valle de los Caídos. O ex-xuíz pide a transformación do recinto nun “espazo da memoria” das vítimas.
Fálase
A plana maior do PP de Aznar declarará como testemuña no primeiro gran xuízo da Gürtel, que comeza en outubro. O tribunal acepta a petición de Bárcenas de que declaren Cascos, Arenas, Acebes, Rato e Mayor Oreja.
A Deputación de Pontevedra fai oficial a retirada das honras a Franco como presidente perpetuo da institución. A Deputación coruñesa retiroullas tamén oficialmente esta mesma mañá, tras a homenaxe tributada este xoves aos alcaldes asasinados polos golpistas.
O Constitucional anula as taxas xudiciais do goberno Rajoy. Tras implantalas na etapa de Ruiz-Gallardón, o Goberno central suprimíraas para persoas físicas o pasado 2015 e mantívoas para as xurídicas. Durante estes anos xeraron un fondo rexeitamento en todos os sectores da xustiza.
O PP argumenta que negarse agora á investidura de Rajoy implica "dicirlle non ao rei". O líder popular aceptou a encomenda de formación de goberno pero evita aclarar se concorrerá ao debate de investidura, aínda que a Constitución obriga a facelo tras ser designado candidato.
Rajoy acepta o encargo do Rei de formar Goberno, malia que como tras o 20D, cando o rexeitou, aínda non conta cos apoios necesarios.
Feijóo inaugura este venres a Autovía da Costa da Morte, unha estrada que ía ter 42 quilómetros pero que tras oito anos de obras, tres licitacións e varias polémicas se abrirá con só 27 quilómetros.
En Marea asina a integración no grupo de Unidos Podemos tras a negativa da Mesa do Congreso ao grupo propio, contra a que hoxe alegou. O acordo, din, garante a presenza "en todas as comisións" e "disciplina de voto autónomo", así como un cupo de intervencións en pleno. A primeira voceira será Alexandra Fernández e nos seguintes períodos de sesións ocuparán o posto Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz.
O BNG fai públicos os seus gastos da campaña do 26X, á que destinou 80.600 euros. Foron sufragados "coas cotas ordinarias e extraordinarias da militancia e simpatizantes" e xa foron "abonados e xustificados", informa a formación nacionalista (preme na imaxe para ampliala).
Feijóo insiste en que as eleccións autonómicas serán en outubro. Di que a súa indefinición sobre a data concreta non está a xerar ningún debate que tape outros problemas de Galicia senón que son os medios de comunicación os que focalizan o debate político sobre os conflitos internos da oposición.