Feijóo insiste en que as eleccións autonómicas serán en outubro. Di que a súa indefinición sobre a data concreta non está a xerar ningún debate que tape outros problemas de Galicia senón que son os medios de comunicación os que focalizan o debate político sobre os conflitos internos da oposición.
Fálase
Absolven a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro (PSdeG) do delito de prevaricación urbanística que lle imputaran por outorgar licenzas a través do silencio administrativo entre 2006 e 2009. Está a contalo El Progreso
#EPA O paro descendeu en 5.000 persoas en Galicia no primeiro trimestre, segundo a EPA que vén de se facer pública. As persoas con traballo aumentaron en 12.900. En termos anuais, o paro descende en 29.600 persoas e o emprego aumenta en 24.100, o que implica unha redución da poboación activa en 5.500 persoas.
A asemblea do PSdeG de Vigo apoia o deputado Abel Losada para recuncar nas listas ás eleccións galegas. Recólleo Faro de Vigo
O rei só designará a Rajoy como candidato á investidura se o líder do PP llo pide na rolda de consultas, á que acude este xoves. Cóntao eldiario.es
O ex-xerente da Constructora Hispánica admite que financiou o PP a cambio de adxudicacións públicas. Faino nun escrito dirixido ao xuíz que instrúe o caso Gürtel. Revélao a Cadena SER
En Marea transmítelle ao rei o seu "non" a Rajoy e insta o PSOE a tentar formar goberno se o PP non o logra, no canto de exercer o "inmobilismo". Así o expresou Alexandra Fernández tras ser recibida polo xefe do Estado quen, di, ve necesario evitar unhas terceiras eleccións xerais.
A UE imponlle a España un novo recorte de 10.000 millóns a cambio de non multala polo incumprimento do déficit. Os novos recortes tamén son esixidos a Portugal, que tampouco terá multa directa.
A Xunta deu por controlado esta noite e tras catro días de loita o lume iniciado o pasado venres en Monterrei. Segundo a súa estimación, afecta a 170 hectáreas.
O Goberno de España sondea o Vaticano para enviar a Fernández Díaz como embaixador tras o escándalo da conspiración para incriminar políticos cataláns. A Santa Sé non ve con bos ollos a operación, segundo conta o xornalista Jesús Bastante nesta reportaxe en eldiario.es