O rei só designará a Rajoy como candidato á investidura se o líder do PP llo pide na rolda de consultas, á que acude este xoves. Cóntao eldiario.es
Fálase
O ex-xerente da Constructora Hispánica admite que financiou o PP a cambio de adxudicacións públicas. Faino nun escrito dirixido ao xuíz que instrúe o caso Gürtel. Revélao a Cadena SER
En Marea transmítelle ao rei o seu "non" a Rajoy e insta o PSOE a tentar formar goberno se o PP non o logra, no canto de exercer o "inmobilismo". Así o expresou Alexandra Fernández tras ser recibida polo xefe do Estado quen, di, ve necesario evitar unhas terceiras eleccións xerais.
A UE imponlle a España un novo recorte de 10.000 millóns a cambio de non multala polo incumprimento do déficit. Os novos recortes tamén son esixidos a Portugal, que tampouco terá multa directa.
A Xunta deu por controlado esta noite e tras catro días de loita o lume iniciado o pasado venres en Monterrei. Segundo a súa estimación, afecta a 170 hectáreas.
O Goberno de España sondea o Vaticano para enviar a Fernández Díaz como embaixador tras o escándalo da conspiración para incriminar políticos cataláns. A Santa Sé non ve con bos ollos a operación, segundo conta o xornalista Jesús Bastante nesta reportaxe en eldiario.es
O rei Felipe VI recibe este mércores á voceira de En Marea, Alexandra Fernández, dentro da rolda de consultas para a formación de Goberno.
Hacienda detecta en Galicia 213.000 construcións que non estaban inscritas no Catastro. É a segunda comunidade en volume total de fraude tras Andalucía e tamén a segunda en porcentaxe sobre o total de construcións (15%) tras Aragón.
Sarria acolle os primeiros 11 refuxiados sirios que chegan a Galicia. Aloxaranse en pisos da Xunta postos a disposición da Cruz Vermella.
En plena negociación para formar Goberno, Bruxelas dá a España ata 2018 para que o novo Executivo faga máis recortes. Este mércores a UE fixará a multa por non controlar o déficit en 2015.