Sarria acolle os primeiros 11 refuxiados sirios que chegan a Galicia. Aloxaranse en pisos da Xunta postos a disposición da Cruz Vermella.
Fálase
En plena negociación para formar Goberno, Bruxelas dá a España ata 2018 para que o novo Executivo faga máis recortes. Este mércores a UE fixará a multa por non controlar o déficit en 2015.
Ferida grave unha traballadora na refinaría de Repsol na Coruña. Padece queimaduras de terceiro grao no 50% do corpo e permanece ingresada no hospital.
O PP, procesado pola destrución dos ordenadores de Luis Bárcenas. Adiántao eldiario.es
Telefónica terá que pagar 205.000 euros ao Concello de Pontevedra. Así o ditamina o TSXG, que lle dá a razón ao goberno local no cobramento de taxas polo uso do espazo radioeléctrico en 2008 e 2009. Recólleo Pontevedra Viva
Francia responsabiliza o 'Estado Islámico' do asasinato dun sacerdote e da toma de reféns dunha igrexa en Normandía
Este mércores entra en vigor a reforma das axudas a vítimas de violencia machista, que agora poderán ser solicitadas todo ano. A modificación, publicada hoxe no DOG, foi aprobada no Parlamento no derradeiro pleno ordinario da lexislatura.
Air Europa cancela 20 voos en Galicia para a operación saída do mes de agosto. Recólleo La Voz
O rei comeza este martes a rolda de consultas para a investidura sen que ningunha forza política teña apoios dabondo para formar goberno.
Podemos Galicia lanza un manifesto co gallo do 25 de xullo no que a súa secretaria xeral, Carmen Santos, salienta que “a patria de Podemos é a xente”. “A nosa patria son os mariñeiros, son os gandeiros, é o personal da sanidade, e o persoal do ensino, e a xente que traballa nas pequenas empresas, son os autónomos, son os empregados do fogar, e a xente que non traballa", destaca.