#EPA O paro descendeu en 5.000 persoas en Galicia no primeiro trimestre, segundo a EPA que vén de se facer pública. As persoas con traballo aumentaron en 12.900. En termos anuais, o paro descende en 29.600 persoas e o emprego aumenta en 24.100, o que implica unha redución da poboación activa en 5.500 persoas.
Fálase
A asemblea do PSdeG de Vigo apoia o deputado Abel Losada para recuncar nas listas ás eleccións galegas. Recólleo Faro de Vigo
O rei só designará a Rajoy como candidato á investidura se o líder do PP llo pide na rolda de consultas, á que acude este xoves. Cóntao eldiario.es
O ex-xerente da Constructora Hispánica admite que financiou o PP a cambio de adxudicacións públicas. Faino nun escrito dirixido ao xuíz que instrúe o caso Gürtel. Revélao a Cadena SER
En Marea transmítelle ao rei o seu "non" a Rajoy e insta o PSOE a tentar formar goberno se o PP non o logra, no canto de exercer o "inmobilismo". Así o expresou Alexandra Fernández tras ser recibida polo xefe do Estado quen, di, ve necesario evitar unhas terceiras eleccións xerais.
A UE imponlle a España un novo recorte de 10.000 millóns a cambio de non multala polo incumprimento do déficit. Os novos recortes tamén son esixidos a Portugal, que tampouco terá multa directa.
A Xunta deu por controlado esta noite e tras catro días de loita o lume iniciado o pasado venres en Monterrei. Segundo a súa estimación, afecta a 170 hectáreas.
O Goberno de España sondea o Vaticano para enviar a Fernández Díaz como embaixador tras o escándalo da conspiración para incriminar políticos cataláns. A Santa Sé non ve con bos ollos a operación, segundo conta o xornalista Jesús Bastante nesta reportaxe en eldiario.es
O rei Felipe VI recibe este mércores á voceira de En Marea, Alexandra Fernández, dentro da rolda de consultas para a formación de Goberno.
Hacienda detecta en Galicia 213.000 construcións que non estaban inscritas no Catastro. É a segunda comunidade en volume total de fraude tras Andalucía e tamén a segunda en porcentaxe sobre o total de construcións (15%) tras Aragón.