O Leyma Coruña derrota o Breogán en Lugo (75-76) e recupera o factor cancha na serie, que domina por 2 a 1. Este domingo xógase o cuarto partido

O Leyma Coruña derrota o Breogán en Lugo (75-76) e recupera o factor cancha na serie, que domina por 2 a 1. Este domingo xógase o cuarto partido
A asemblea de Ferrol en Común aproba por unanimidade manter o pacto de goberno co PSdeG-PSOE, mais demanda o cumprimento do programa político que as dúas forzas acordaron hai 11 meses
Xoaquín Fernández Leiceaga valora concorrer ás primarias do PSdeG, que veñen de ser convocadas. A súa candidatura, segundo puido confirmar Praza.gal, podería confirmarse esta fin de semana.
#derbiromano Ás 21:00 comeza en Lugo o terceiro encontro entre Breogán e Básquet Coruña polo ascenso á liga ACB. Pódese seguir ao vivo en Praza dende esta ligazón
As mulleres do cerco reciben arestora o Premio de Igualdade María Vázquez, que outorga o PSdeG en lembranza da mestra asasinada en Miño polos franquistas en 1936.
O PP abandona o pleno da Deputación de Pontevedra acusando o goberno de "ditatorial". Este xoves os populares realizaron unha acción semellante no pleno do Concello de Santiago, do que marcharon antes do debate das mocións dos grupos.
A partir deste sábado redúcense de forma drástica nos países da UE as tarifas de roaming, aplicadas ao usar o móbil no estraxeiro. A partir de agora as compañías só poderán cobrar un máximo de 5 céntimos por minuto de chamada ou por mega consumido. Está previsto que o roaming desapareza en xuño de 2017.
El Español amosa o vídeo da celebración do 80 cumpreanos de Amancio Ortega, homenaxeado por 4.000 empregados e empregadas de Inditex.
Unha enquisa da BBC afirma que o 84% dos españois se amosan favorables á chegada de refuxiados e refuxiadas sirias, unha proporción moi superior á do Reino Unido, Francia ou Alemaña
"Aprobas unha coalición electoral con Podemos e outras forzas?" é a pregunta que Izquierda Unida realizará aos seus máis de 70 mil militantes e simpatizantes entre o 2 e o 4 de maio, para validar o proceso negociador cara a unha candidatura de confluencia. O 13 de maio é o derradeiro día para rexistrar as coalicións que concorrerán ás eleccións.