O persoal de Nueva Pescanova denunciará ante Inspección a “mala fe” da empresa e “cortará” as horas extra como medida de presión. Uns 400 traballadores/as rexeitaron este sábado en asemblea unha proposta de convenio que, critican, empeora as condicións laborais
Fálase
Ferrol en Común gañaría un concelleiro, aproveitando o descenso do PSdeG-PSOE, segundo a enquisa que este domingo publica La Voz de Galicia. PP (que tamén crececía en porcentaxe de voto), BNG e Ciudadanos manterían a súa representación.
Centos de milleiros de mulleres manifestáronse en todo o planeta contra Trump. As marchas en varias cidades dos Estados Unidos, de Washington a Chicago ou Nova York, pasando por Los Ángeles, Boston, Atlanta ou Seattle, foron masivas
Este domingo continúan as votacións para escoller o Consello das Mareas de En Marea. Os e as inscritas no partido poderán votar ata as 9 horas da mañá do luns. Así mesmo, unha ducia de locais permiten votar presencialmente, de 10 a 13.30 e de 17.00 a 19.30.
Ao redor de medio millón de persoas participan na Marcha de Mulleres contra Trump en Washington.
Varias ducias de persoas concentráronse esta mañá en Vigo contra os tratados de libre comercio CETA e TTIP.
Pamplona acolle esta fin de semana unhas Xornadas de Municipalismo, Autogoberno e Contrapoder, nas que participan 400 representantes de movementos cidadáns de 25 concellos de toda España e do resto de Europa. Supón a continuación do encontro celebrado en Málaga o pasado mes de xullo.
O Parlamento celebra este sábado a partir das 12 horas un acto institucional de conmemoración do 35 aniversario da toma de posesión de Gerardo Fernández Albor como presidente da Xunta.
Compromiso por Galicia celebra este sábado en Teo o II Congreso Nacional no baixo o lema Renovando o galeguismo. Nova organización. Novas accións. Escollerase un novo Consello Político Nacional e a Juan Carlos Piñeiro Docampo como novo secretario xeral
17 colectivos convocan este sábado en Ferrol unha mobilización no día de Acción Internacional contra o CETA. O acto terá lugar ás 12 horas no Cantón baixo o lema Stop CETA, Non á Ditadura das Grandes Coorporacións Transnacionais, na Defensa dos Pobos e do Medio Ambiente