Portugal subirá o IRS -equivalente ao IRPF español- nun 30% o vindeiro ano. Esta medida compensará a decisión de devolverlle aos funcionarios públicos e aos pensionistas unha das dúas pagas que lles foron retiradas este ano.
Fálase
Rajoy estará un mes sen pasar polo Congreso. A pasada semana non houbo sesión de control pola súa viaxe a Nueva York. E o cumio hispano-francés, as eleccións do 21-0 e o debate dos Orzamentos farán que Rajoy non volva ao Parlamento até o 31 de outubro.
O banco malo crearase o 1 de decembro, co aval do Estado, un 55% en mans privadas e non aceptará pisos de menos de 100.000 euros.
A Fiscalía presentará antes do 18 de outubro o recurso contra o auto sobre as preferentes. Os afectados deberían iniciar accións xudiciais individuais de non prosperar este recurso.
A Consellaría de Cultura negouse a financiar o stand do que todos os anos dispuñan as editoriais galegas no Liber, a feira profesional do libro se celebra en Barcelona e que comeza hoxe. Por ese motivo a presenza galega fica reducida aos postos individuais de Nova Galicia Edicións, Ideas Propias Editorial e Kalandraka.
A Xunta promove o galego para os negocios cos paises lusófonos a través dunha campaña da Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE). O galego, chave para os teus negocios salienta a importancia económica crecente de Brasil e Angola, apunta a vantaxe competitiva que teñen empresas galegas para implantarse nestes mercados e lembra que o 20% das exportacións foron para países lusófonos.
Artur Mas advirte que "españolizar os colexios de Catalunya" é "inviable porque está fóra da norma". O presidente da Generalitat responde así á intención do Goberno central de subvencionar centros para que ensinen castelán nas comunidades bilingües.
O Barcelona vestirá o Camp Nou cunha 'senyera' xigante no partido ante o Real Madrid do vindeiro domingo. Veno de anunciar o club catalán na súa páxina web e chega logo da polémica xurdida tras a gran manifestación independentista do pasado 11 de setembro.
Artur Mas comparece para valorar os resultados da Conferencia de Presidentes. Mas afirma que "España ten un problema de falta de credibilidade" e denuncia que "o reparto que se fai en España dos déficits públicos neste momento é inxusto e desleal".
CxG representa que o contrato con Galicia de Feijóo é papel mollado. Máis info, hoxe en Praza.