CxG representa que o contrato con Galicia de Feijóo é papel mollado. Máis info, hoxe en Praza.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/506c06ff7b8f2-bascuas.jpg)
CxG representa que o contrato con Galicia de Feijóo é papel mollado. Máis info, hoxe en Praza.
Pódese apoiar un referendo de secesión sen ser independentista? Ignacio Sánchez-Cuenca, profesor de Socioloxía na Universidad Complutense escribe que "ante unha situación tan complexa, o razoable, atendendo unicamente a consideracións democráticas, é que o pobo catalán se pronuncie nun sentido ou noutro"
Sindicalistas péchanse en edificios administrativos da Xunta e nas áreas sanitarias para "denunciar os ataques aos servizos públicos e os novos recortes". A acción central desenvólvese na sede do Concello de Santiago de Compostela. Máis información, esta mañá en Praza. Imaxe de @onosolar.
Traballadores de Alcoa reivindican os seus postos de traballo fronte a Torre de Hércules. Acompañados por familiares, os operarios reclamaron este martes o mantemento da fábrica da Coruña, logo da visita do ministro Soria á cidade.
O FMI cualifica de "moi, moi valentes" as reformas de Rajoy. A directora do FMI valora os axustes, cre que permitirán crear emprego, aínda que di sentirse "moi, moi mal pola xente que perde o seu traballo". Asegúrao nunha entrevista na CBS.
A Xustiza investiga se o presidente da audiencia de Lugo cobrou de Dorribo, presunto líder da Operación Campeón. Cóntao El País Galicia.
O Goberno pretende pagar a colexios privados para que ensinen español nas comunidades bilingües. Quere preservar "o dereito constitucional dos pais a elixir a lingua de aprendizaxe dos seus fillos", segundo adianta El Mundo e recollen outros medios.
A Audiencia Nacional pide que se identifique as persoas que ingresaron cartos nas contas do 25-S. Tamén intentou coñecer a identidade das persoas que organizaron a convocatoria na rede. Google e Facebook facilitáronlle as IPs pero negáronse a proporcionar máis datos persoais.
ERC e SI negocian unha coalición independentista á que se poderían unir as CUP e Reagrupament
O alcalde de Vilar de Santos, Xoán Xosé Jardón, abandona o BNG xunto cos seus seis concelleiros. Afirma que pedirá o voto para Compromiso por Galicia nas eleccións do 21-O