O FMI cualifica de "moi, moi valentes" as reformas de Rajoy. A directora do FMI valora os axustes, cre que permitirán crear emprego, aínda que di sentirse "moi, moi mal pola xente que perde o seu traballo". Asegúrao nunha entrevista na CBS.
Fálase
A Xustiza investiga se o presidente da audiencia de Lugo cobrou de Dorribo, presunto líder da Operación Campeón. Cóntao El País Galicia.
O Goberno pretende pagar a colexios privados para que ensinen español nas comunidades bilingües. Quere preservar "o dereito constitucional dos pais a elixir a lingua de aprendizaxe dos seus fillos", segundo adianta El Mundo e recollen outros medios.
A Audiencia Nacional pide que se identifique as persoas que ingresaron cartos nas contas do 25-S. Tamén intentou coñecer a identidade das persoas que organizaron a convocatoria na rede. Google e Facebook facilitáronlle as IPs pero negáronse a proporcionar máis datos persoais.
ERC e SI negocian unha coalición independentista á que se poderían unir as CUP e Reagrupament
O alcalde de Vilar de Santos, Xoán Xosé Jardón, abandona o BNG xunto cos seus seis concelleiros. Afirma que pedirá o voto para Compromiso por Galicia nas eleccións do 21-O
As inmobiliarias Alteco e MAG Import presentan un concurso de acreedores por débedas de máis de 1.600 millóns de euros, un dos maiores da historia de España. Entrr as entidades más afectadas está Novagalicia Banco con 217 millóns, xunto coa francesa Natixis con 266 millóns, Banco Popular, Bankia e o Royal Bank of Scotland.
Obama e Romney celebran esta noite o primeiro dos seus debates electorais televisados. O actual presidente chega cunha lixeira vantaxe de entre 1 e 5 puntos pero con dominio nos estados clave coma Florida ou Ohio.
Jueces para la Democracia afirma que Cristina Cifuentes se sitúa "fóra da Constitución". O portavoz desta asociación, Joaquím Bosch, critica a proposta da delegada do Goberno en Madrid de recortar o dereito a manifestación.
O desmentido de Rajoy sobre o rescate provoca unha caída en Wall Street. Dow Jones baixou 50 puntos logo de saberse que o presidente do Goberno negou que a petición de axuda fose inminente.