As inmobiliarias Alteco e MAG Import presentan un concurso de acreedores por débedas de máis de 1.600 millóns de euros, un dos maiores da historia de España. Entrr as entidades más afectadas está Novagalicia Banco con 217 millóns, xunto coa francesa Natixis con 266 millóns, Banco Popular, Bankia e o Royal Bank of Scotland.
Fálase
Obama e Romney celebran esta noite o primeiro dos seus debates electorais televisados. O actual presidente chega cunha lixeira vantaxe de entre 1 e 5 puntos pero con dominio nos estados clave coma Florida ou Ohio.
Jueces para la Democracia afirma que Cristina Cifuentes se sitúa "fóra da Constitución". O portavoz desta asociación, Joaquím Bosch, critica a proposta da delegada do Goberno en Madrid de recortar o dereito a manifestación.
O desmentido de Rajoy sobre o rescate provoca unha caída en Wall Street. Dow Jones baixou 50 puntos logo de saberse que o presidente do Goberno negou que a petición de axuda fose inminente.
O presidente de Navantia asegura que o contrato de Pemex "existe e é firme" e fala incluso de 2.000 empregos, entre directos e indirectos, para a ría de Ferrol.
Feijóo participa mañá no consello de administración do Porto da Coruña para "analizar" a instalación de Pemex en Punta Langosteira. A convocatoria é só para xornalistas gráficos, impedindo deste xeito a realización de preguntas.
Os Comités e a Liga Estudantil Galega piden a dimisión do reitor da USC. A organización estudantil esixiron, na reunión do Claustro, que Casares Long abandone o carto "por non poder facer fonte aos problemas da Universidade de Santiago".
Os sindicatos estudan xa unha folga xeral antes do Nadal. Anunciárono CCOO, UGT, CSI-F e USO na presentación das mobilizacións que levaran a cabo o vindeiro domingo 7 de outubro.
As autonomías piden ao Goberno central redistribuír os esforzos para cumprir co déficit. Piden que o Executivo lles conceda máis tempo, ao igual que Bruxellas llo concedeu ao Estado.
Rajoy negou onte á noite ante os seus baróns que España vaia pedir o rescate esta fin de semana