Praza Pública non se actualiza as fins de semana de agosto. Volvemos o luns.
Fálase
Ana Pontón cre que o BNG ofrece "unha alternativa a través dun proxecto sólido". A candidata do Bloque reclama medidas que saquen da crise ao sector lácteo e destacou as "responsabilidades políticas" na desfeita do sector durante a vistia a unha cooperativa de alimentación animal en Valdoviño
Leiceaga considera “electoralismo descarado” a decisión de adiantar o abono das pagas extras suprimidas aos empregados públicos. O candidato do PSdeG á Xunta lamenta a "desesperación de Feijóo, q,ue quere emendarse a si mesmo en dous meses".
A Policía retén cinco turistas por gabearen polas estadas das obras da Catedral de Santiago. A Policía Local informa de que previamente tentaran facer o mesmo "no enreixado da fachada". Serán propostos para unha sanción económica.
Un xuíz da Arxentina ordena a detención de Hebe de Bonafini, a histórica líder das Madres de Plaza de Mayo. Medios arxentinos como La Nación ou Clarín están a informar ao respecto
Volven estar activos os sitios web dependentes da Xunta tras a caída sufrida durante a xornada do xoves.
O xuízo do caso 'Campeón' celebrarase en torno ao verán de 2017. Nel sentarán no banco o principal imputado, Jorge Dorribo, e catro ex-cargos da Xunta e do PP. Recólleo Faro de Vigo
Os sitios web dependentes da Xunta permanecen caídos dende a mañá deste xoves. A causa é "unha incidencia técnica" que, informan dende o Goberno, está en vías de solución.
Ciudadanos insta a "empezar a falar" do "Corredor Atlántico" ferroviario, en referencia ao Eixo Atlántico, que foi inaugurado en 2015. O secretario de organización do partido, Francisco Hervías, anunciou a convocatoria de votacións entre a militancia para elixir as listas ao Parlamento galego.
Israel aproba unha lei que permitirá encarcerar menores de 14 anos por "terrorismo"