Segue sen haber acordo nos Estados Unidos para evitar a suspensión de pagos, ante o bloqueo dos sectores máis extremistas dos republicanos. Os mercados financeiros, á alza, confían nun pacto de última hora, pero Ficht advirte de que baixará a nota crediticia dos EE.UU. se non hai acordo antes de mañá.
Fálase
#debate2013 Feijóo comeza a derradeira intervención da xornada. A información, esta noite en Praza.
#debate2013 Feijóo comeza a derradeira intervención da xornada. A información, esta noite en Praza.
#debate2013 Feijóo asegura que non hai bancos públicos en Europa, malia á existencia de diversas entidades bancarias de titularidade pública no continente e unha asociación que aglutina a algunhas delas.
#debate2013 Feijóo reclámalle ao BNG que "respecte a Castelao", que "non era soberanista"
#debate2013 Conclúen as intervencións dos voceiros da oposición. Nuns minutos, a información en Praza.
#debate2013 Méndez Romeu ofrécelle a Feijóo "chegar a acordos" baixo dúas condicións: "un plan de emprego neto e manter Novagalicia Banco como entidade financeira galega".
#debate2013 Méndez Romeu acusa a Feijóo de converter a TVG "nun altofalante do Goberno" e acúsao dun "ataque totalmente ideolóxico aos servizos públicos".
#debate2013 Méndez Romeu: "Señor Feijóo, o seu discurso só provoca desinterese ou desprezo entre os mozos".
#debate2013 Méndez Romeu advirte que a rebaixa fiscal anunciada por Feijóo "será dun máximo de 84 euros" e que "a maioría dos beneficiarios non están obrigados a facer a declaración".