Madrid non organizará os Xogos Olímpicos de 2020. Foi eliminada na primeira votación a favor de Istambul. Toquio foi finalmente a cidade elixida.
Fálase
Gómez Besteiro gañaría nas principais vilas e cidades de Galicia, segundo os primeiros resultados das primarias do PSdeG.
O Lugo acada unha histórica vitoria na Romareda. Vence o Zaragoza (0-1) cun gol de Rennella.
A participación achégase ao 50% nas primarias do PSdeG até as 18.30 horas. En Lugo votou o 80% dos militantes e na Illa, o 100%.
Besteiro vota e celebra "o día grande dos socialistas" reiterando que o seu "rival" é Feijóo e non Manel Vázquez. O presidente da Deputación de Lugo coincide con José Blanco na mesa electoral.
Rajoy apraza os cambios no PP e no Goberno para principios de 2014. Ten decidido apartar a Arenas e González-Pons da dirección do partido
Compromiso por Galicia denuncia no Parlamento o ocultamento informativo da TVG sobre a petición de investigación de Feijóo ante a Fiscalía.
O incendio de Pontecaldelas xa levou por diante 600 hectáreas e non está extinguido, aínda que si controlado. É unha información da Xunta.
O Goberno español secunda a tese dos Estados Unidos sobre Siria e secunda a posibilidade de atacar o país á marxe da ONU. En El Diario.
Nova condena a Novagalicia de 104.000 euros polas preferentes. A entidade terá que pagar esta cantidade a dous matrimonios enganados.