Arranca con milleiros de persoas a manifestación en Ferrol con motivo da folga xeral comarcal. Imaxe de @ccoogalicia.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/51b84026e6b15-bmjvqkscqaapt3i.jpg)
Arranca con milleiros de persoas a manifestación en Ferrol con motivo da folga xeral comarcal. Imaxe de @ccoogalicia.
Intermón Oxfam publica un informe que denuncia as malas prácticas e violación de dereitos por parte de grandes empresas españolas en países extranxeiros. Ebro Foods, Pescanova, Agrobeba, Hidralia Energia, Bionor, Acciona ou Iberdrola, entre as denunciadas.
O Goberno quere que os e as autónomas coticen máis á Seguridade Social, segundo publica Elplural.com. O 67% dos autónomos cotizan o mínimo durante toda a súa vida laboral, o que provoca, segundo o Goberno, que cando se xubilan o Estado teña que achegar cartos para que a súa xubilación poida chegar á pensión mínima
A USC organiza un curso en liña sobre financiamento de empresas de base tecnolóxica. O curso analizará as características e problemáticas das empresas de base tecnolóxica nas súas fases iniciais.
Pechan os cines Valle Inclán en Compostela. Santiago segue o ronsel doutras cidades e queda sen salas no seu centro urbano.
Feijóo ofrécelle o apoio do Goberno ao sector mineiro pero di que a mina de feldespatos de Xinzo non vai ser autorizada. Toda a información, esta mañá en Praza.
A folga xeral comarcal en Ferrolterra ten un seguimento masivo e desénvolvese sen graves incidentes. Piquetes acoden ás grandes empresas e centros de traballo desde a media noite e os bombeiros desbloquearon a entrada ao Concello.
Os preferentistas pagaron 13.000 millóns do rescate á banca, un de cada catro euros do total
Estados Unidos iniciou o proceso para acusar a Edward Snowden, o espía que desvelou programas de vixilancia das comunicacións, de graves cargos de violación de segredos de estado
El Diario publica unha entrevista exclusiva con Hervé Falciani, o informático que sacou do banco privado suizo HSBC a maior lista de evasores fiscais da historia. Falciani afirma que "se se corta unha cabeza, haberá outra detrás. Hai que ir á orixe do sistema"