Os preferentistas pagaron 13.000 millóns do rescate á banca, un de cada catro euros do total
Fálase
Estados Unidos iniciou o proceso para acusar a Edward Snowden, o espía que desvelou programas de vixilancia das comunicacións, de graves cargos de violación de segredos de estado
El Diario publica unha entrevista exclusiva con Hervé Falciani, o informático que sacou do banco privado suizo HSBC a maior lista de evasores fiscais da historia. Falciani afirma que "se se corta unha cabeza, haberá outra detrás. Hai que ir á orixe do sistema"
1.600 estudantes perden o seu Erasmus en 2013, ao tempo que emigran 43.000 titulados. O recorte do 70% nas axudas decretado polo ministro de Educación, José Ignacio Wert, reducirá o número de alumnos españois en universidades extranxeiras, despois de 25 anos de incrementos
Santalices (PP) ordena, presidindo o pleno do Parlamento, que Consuelo Martínez (AGE) retire que o PP "só sabe que había neve".
O vicepresidente do Parlamento, Miguel Santalices (PP), chama "a cuestión" a Gonzalo Trenor (PP) por iniciar unha intervención sobre contratacións da Xunta falando da Asemblea Nacional de Anova e da súa relación con Esquerda Unida.
ADEGA, Amigos do Patrimonio de Castroverde, Cultura do País, Lugo Patrimonio e Mariña Patrimonio lanzan unha campaña para tentar salvar o xacemento arqueolóxico ameazado pola autovía Lugo-Santiago. Estes colectivos dispóñense a "poñer en coñecemento este irracional atentado ante diversas institucións galegas relacionadas coa cultura".
Alternativas desde Abajo publica as conclusións das xornadas que celebrou este sábado. A ditadura da troika, a confluencia de partidos políticos e movementos sociais, a creación dunha fronte electoral, novas formas de participación democrática, asemblearismo e municipalismo foron os temas debatidos.
Avaaz.org lanza unha campaña para frear a evasión de impostos de multinacionais como Apple ou Google. Segundo Avaaz, se estas empresas se preocupasen menos de buscar paraísos fiscais, os Estados obterían un billón de dólares.
Compostela acollerá os 20 e 21 de xuño a I Xornada Universitaria Galega en Xénero, que analizará os roles de mulleres e homes en tempos de crise