O vicepresidente do Parlamento, Miguel Santalices (PP), chama "a cuestión" a Gonzalo Trenor (PP) por iniciar unha intervención sobre contratacións da Xunta falando da Asemblea Nacional de Anova e da súa relación con Esquerda Unida.
Fálase
ADEGA, Amigos do Patrimonio de Castroverde, Cultura do País, Lugo Patrimonio e Mariña Patrimonio lanzan unha campaña para tentar salvar o xacemento arqueolóxico ameazado pola autovía Lugo-Santiago. Estes colectivos dispóñense a "poñer en coñecemento este irracional atentado ante diversas institucións galegas relacionadas coa cultura".
Alternativas desde Abajo publica as conclusións das xornadas que celebrou este sábado. A ditadura da troika, a confluencia de partidos políticos e movementos sociais, a creación dunha fronte electoral, novas formas de participación democrática, asemblearismo e municipalismo foron os temas debatidos.
Avaaz.org lanza unha campaña para frear a evasión de impostos de multinacionais como Apple ou Google. Segundo Avaaz, se estas empresas se preocupasen menos de buscar paraísos fiscais, os Estados obterían un billón de dólares.
Compostela acollerá os 20 e 21 de xuño a I Xornada Universitaria Galega en Xénero, que analizará os roles de mulleres e homes en tempos de crise
O Goberno grego pechará a súa televisión pública esta medianoite para despedir o seu persoal pola vía rápida. O ente, no que traballan unhas 2.800 persoas, permanecerá pechado durante tres meses e o plan é reabrilo cun cadro de apenas 700 persoas. En El Diario
A Xunta tenta que a información da auditoría sobre a fusión das caixas sexa confidencial aínda que vaia ser tratada na comisión de investigación do Parlamento. En El País.
O Parlamento Europeo pide a dación en pago para as familias en creba. Solicita aos estados "que impidan que as familias desafiuzadas sigan teendo que devolver os sus créditos hipotecarios"
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca novas protestas contra a Lomce. Haberá lectura de textos e actuacións musicais este xoves en Vigo, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vilagarcía
Novagalicia Banco inclúe na súa web un "simulador de liquidez" no que as persoas afectadas polas preferentes poden comprobar cantos cartos van perder coa quita.