O PP de Madrid volveu contratar o seu xerente un día despois de ser despedido polas 'black'. Foi dado de alta un día despois de que fora dado de baixa polo PP estatal.
Fálase
O Sergas licitará por 50 millóns o equipo e os produtos dos futuros laboratorios do Chuvi para seis anos.
Facenda endurece o control de gastos e débedas da Xunta, concellos e deputacións. Establece novos prazos e documentación queu deben remitirlle as administracións.
Policías admiten o arresto irregular dunha testemuña clave da Pokémon. O "acoso" dos axentes xa fora denunciado polos representantes laborais deste traballador do Acuario da Coruña.
Turismo negocia pagos por un vídeo de Enrique Iglesias rodado en Galicia. A Xunta prevé unha colaboración coa produtora do fillo de Julio Iglesias, ao que o Goberno de Fraga abonou 300 millóns de pesetas por ser embaixador do Xacobeo en 1993.
Asturias sanciona os bancos con 'cláusulas suelo' nas hipotecas. Multa con 8.000 euros por cada crédito con condicións abusivas.
O Congreso insta o Goberno a recoñecer o Estado palestino pero sen prazos. 'Si' case unánime á proposición do grupo socialista.
A Cadena SER publica as imaxes do ex secretario xeral do PP, Ángel Acebes, co arquitecto que fixo a reforma da sede do partido, supostamente pagada con cartos en negro. Acebes asegurou ante o xuíz que non coñecía o arquitecto.
A deputada do Grupo Mixto consuelo Martínez acusa o resto de grupos de querer poñerlle "unha mordaza" por "limitar" a súa "posibilidade de intervir" na Cámara. Asegura que a proposta que lle presentou á Xunta de Portavoces inclúe renunciar a tres quintas partes do orzamento do grupo que comparte con Carmen Iglesias. Sinálao nun comunicado difundido por Cerna.
O Goberno central retén o barco de Greenpeace en Lanzarote e pídelle un aval de 50.000 euros, segundo anuncia a organización ecoloxista.