A Cadena SER publica as imaxes do ex secretario xeral do PP, Ángel Acebes, co arquitecto que fixo a reforma da sede do partido, supostamente pagada con cartos en negro. Acebes asegurou ante o xuíz que non coñecía o arquitecto.

A Cadena SER publica as imaxes do ex secretario xeral do PP, Ángel Acebes, co arquitecto que fixo a reforma da sede do partido, supostamente pagada con cartos en negro. Acebes asegurou ante o xuíz que non coñecía o arquitecto.
A deputada do Grupo Mixto consuelo Martínez acusa o resto de grupos de querer poñerlle "unha mordaza" por "limitar" a súa "posibilidade de intervir" na Cámara. Asegura que a proposta que lle presentou á Xunta de Portavoces inclúe renunciar a tres quintas partes do orzamento do grupo que comparte con Carmen Iglesias. Sinálao nun comunicado difundido por Cerna.
O Goberno central retén o barco de Greenpeace en Lanzarote e pídelle un aval de 50.000 euros, segundo anuncia a organización ecoloxista.
O acordo entre PP e PSOE segue sen concretar as viaxes e gastos dos deputados. Congreso e Senado publicarán unha lista global de desprazamentos pero sen detallar as actividades de cada parlamentario.
O PP amosa unha imaxe de Zapatero durante un receso dun cumio da OTAN en 2008 e outra de Rajoy abordando o tratado UE-Estados Unidos durante a xuntanza do G-20 para resumir o que os conservadores consideran "a imaxe de España antes e despois".
O colectivo de persoal da USC A Trabe protestou este martes ante o claustro da institución para rexeitar os recortes co irónico lema "ven, rescátame, son unha autoestrada". A través das redes sociais foron informando do desenvolvemento do debate.
España, entre os países da UE nos que é máis difícil conciliar a vida laboral coa familiar, segundo un recente informe do Instituto de Política Familiar. O 88,2 por cento das empresas definen totalmente o horario dos seus traballadores e traballadoras, fronte ao 65% de Francia ou Italia, o 60% de Alemaña ou o 45% de Finlandia.
Utrera Molina ameaza con denunciar as vítimas do franquismo logo de que a Interpol ordenase a súa detención. O ex ministro franquista carga contra Baltasar Garzón nun comunicado.
Este martes remata a Fase de Lanzamento do dominio .gal, que permite que grupos con dereitos preferentes (marcas rexistradas, administracións, webs preexistentes...) poidan solicitar o seu nome de dominio. En decembro comezará a apertura xeral do rexistro de dominios .gal
Afectados polo Ofimático impiden o inicio do pleno na Coruña con berros e insultos ao alcalde Negreira, segundo informa Radio Coruña. Acompañados de Stop Desafiuzamentos, protestan polos inminentes desaloxos en Elviña.