Catalunya xa ten alternativa a Eurovegas: a empresa brasileira Veremontes construírá un gran complexo turístíco e de negocíos nun terreos de La Caíxa xunto a Port Aventura. Terá seís parques temátícos e Artur Mas promete que dará traballo a 20 mil persoas.
Fálase
España pedirá o rescate a primeiros de outubro por un valor de 300.000 millóns, segundo varios medios e expertos europeos. Coincidiría en plena campaña das eleccións galegas.
O Estado prepara unha nova taxa para o mercado da Bolsa. O Ministerio de Facenda traballa nun imposto que afectará as operacións bolsistas, seguindo os pasos de Francia.
IU soña con ser Syriza e alzarse coa hexemonía da esquerda, segundo Público. A X Asemblea Federal da formación, que se celebrará en decembro, quere tecer alianzas políticas e sociais con colectivos, sindicatos e forzas políticas para participar na "rebelión democrática" contra o neoliberalismo. A ponencia politca propón unha forza de maiorías, un novo proceso constituínte e a loita pola república
Durante anos, baixo a presidencia de Bush, a CIA torturou varios inimigos de Gadafi, que despois lle entregou a Tripoli
Hai 20 anos, o 6 de setembro de 1992, Bebeto marcaba o seu primeiro gol co Dépor.
Jimmy Wales, fundador da Wikipedia, arremete duramente contra o plan que está en marcha no Reino Unido para que os proveedores garden datos durante 12 meses sobre o uso que os cidadáns fan de Internet: "non é o tipo de cousas que eu esperaría dunha democracia occidental, máis ben é o tipo de cousas que esperaría de Irán ou China"
Núñez Feijoo asegura que as indemnizacións que a Xunta terá que pagarlles ás empresas que foron prexudicadas pola decisión do PP de anular o concurso eólico -revogada polo TSXG- non superarán "os 70 millóns de euros"
O dirixente do PSdeG-PSOE en Pontevedra, Modesto Pose, crítico con Pachi Vázquez, abandona a politica activa "para non entorpecer a elaboración de listas electorais"
A escritora, profesora e ex deputada do BNG Pilar García Negro será a pregoeira das festas do San Froilán de Lugo. Aprobouno por unanimidade a comisión de festas da cidade, formada por representantes dos tres grupos municipais, a proposta do Bloque. En El Progreso.