Núñez Feijoo asegura que as indemnizacións que a Xunta terá que pagarlles ás empresas que foron prexudicadas pola decisión do PP de anular o concurso eólico -revogada polo TSXG- non superarán "os 70 millóns de euros"
Fálase
O dirixente do PSdeG-PSOE en Pontevedra, Modesto Pose, crítico con Pachi Vázquez, abandona a politica activa "para non entorpecer a elaboración de listas electorais"
A escritora, profesora e ex deputada do BNG Pilar García Negro será a pregoeira das festas do San Froilán de Lugo. Aprobouno por unanimidade a comisión de festas da cidade, formada por representantes dos tres grupos municipais, a proposta do Bloque. En El Progreso.
Despois de incrementar o número de deputados hai poucos meses, a presidenta de Castilla-La Mancha e número dous do PP, Dolores de Cospedal, propón recortar á metade os membros do seu Parlamento rexional e abre a porta a retirarlles o salario. Na Cadena SER.
A CIG aposta agora por esperar para convocar unha folga xeral. A central nacionalista opta por manter a unidade de acción con CCOO e UGT, malia a falta de acordo con eles para o paro. A nova data de referencia é novembro.
Ascende a case 500 o número de persoas que recuperaron os cartos das preferentes mediante a arbitraxe, segundo anuncia a Xunta nun comunicado.
A Bolsa sobe un 4,9% e a prima de risco baixa até os 447 puntos logo do anuncio do BCE do seu plan para comprar débeda española.
Gaspar Llamazares pide que se debata a permanencia de España no euro: "estase repetindo un mantra cada vez menos crible: que o euro es irreversible. E o euro non é irreversible, sobre todo se se conduce con torpeza e coa obsesión da austeridade. O que é irreversible é a cidadanía e Europa, pero non o euro", dixo na presentación da asemblea constituinte do seu partido, Izquierda Abierta, integrado en IU.
O BCE comprará bonos soberanos, pero só se España pide o rescate. "Os estados deben cumprir os seus compromisos e a activación do rescate é necesaria", advirte Draghi. Máis información, esta tarde en Praza.
Mario Draghi, presidente do BCE, afirma que "o euro é irreversible" e que "baixo as condicións axeitadas teremos un mecanismo para evitar escenarios destrutivos". Ademais, confirma que se manteñen os tipos de interese no 0,75%.