Gaspar Llamazares pide que se debata a permanencia de España no euro: "estase repetindo un mantra cada vez menos crible: que o euro es irreversible. E o euro non é irreversible, sobre todo se se conduce con torpeza e coa obsesión da austeridade. O que é irreversible é a cidadanía e Europa, pero non o euro", dixo na presentación da asemblea constituinte do seu partido, Izquierda Abierta, integrado en IU.
Fálase
O BCE comprará bonos soberanos, pero só se España pide o rescate. "Os estados deben cumprir os seus compromisos e a activación do rescate é necesaria", advirte Draghi. Máis información, esta tarde en Praza.
Mario Draghi, presidente do BCE, afirma que "o euro é irreversible" e que "baixo as condicións axeitadas teremos un mecanismo para evitar escenarios destrutivos". Ademais, confirma que se manteñen os tipos de interese no 0,75%.
Yolanda Díaz "dubida" que Compromiso por Galicia comparta o programa electoral no que traballan Anova e Esquerda Unida. Nunha entrevista en Radio Coruña, a coordinadora xeral de EU aclara que CxG será "benvido" á fronte ampla "se entende que o ideario que defendemos é o correcto".
O DOG publica o inicio do expediente de fusión dos concellos de Oza e Cesuras. Estará trinta días a exposición pública.
#consellodaxunta Feijóo, dende a sede do Goberno galego, acusa a Pachi Vázquez de estar "entusiasmado" coa posibilidade de que "desfagan" os acordos coa petroleira Pemex "en lugar de facer novos acordos". "Quedarán retratados", asegura.
#consellodaxunta Feijóo asegura que a alerta dos sindicatos educativos sobre a redución de 800 docentes no inicio do curso na educación pública "non é verdade"
#consellodaxunta Feijóo mantén que a Axencia Tributaria de Galicia, prometida ao longo da lexislatura, estará en marcha o 1 de xaneiro de 2013
#consellodaxunta Feijóo asegura que a Xunta lles paga aos seus provedores nunha media de 50 días, despois de que nos últimos días os socialistas puxesen en dúbida estes datos
Compromiso por Galicia muda a data das súas eleccións primarias. Inicialmente previstas para o vindeiro domingo, fíxanse agora para unha semana despois, o día 15, para así "non condicionar posibles pactos", segundo fontes da organización.