Un mapa do transporte marítimo transformado con algoritmos matemáticos polo investigador da UDC Carlos Pais amosa as novas relacións económicas no mundo, con portos emerxentes en América Latina, África e Oriente Medio, coma Dar Es Salaam (Tanzania), Mersin (Turquía), Pointe-Noire (Congo), Yedá (Arabia Saudí), Jebel Ali (Emiratos Árabes Unidos), Puerto Saíd (Exipto) Ensenada (México), Puerto Cortés (Honduras) ou Cristóbal (Panamá)
Fálase
Os creadores de Zapping e Turkia, programas de radio e televisión de referencia nos últimos anos na Coruña, terán un espazo na nova tempada de Cuac FM. Chamarase Tenka e comezará e emitirse en breve.
O Goberno asegura que decidirá sobre o rescate "cando teña as cousas ben atadas". A vicepresidenta, Soraya Sáenz de Santamaría, di tamén que as pensións "sería o último" que tocarían, durante unha entrevista en Tele 5.
Acaba de nacer El Diario. Abre informando de que o Congreso incumpre a lei dende 1982 para ocultar as súas contas
O Tesouro español coloca o máximo previsto, 4.576 millóns, a un interese máis baixo.
Joseph Stiglitz insiste en que "a austeridade non vai funcionar" en España. O economista e premio Nobel asegura que un novo rescate só provocaría "máis recesión e máis paro" nunha entrevista en El Periódico.
A morosidade da banca dispárase ao 9,86% en xullo e marca o seu máximo histórico. Os créditos morosos totais do sector financeiro en España creceron en case 1.000 millóns de euros nese mes.
Os problemas volverán ao mercado se o Goberno central non pide en breve o rescate. Así o aseguran varios expertos en Expansión, que advirten da excesiva demora de Mariano Rajoy.
Os xefes de campaña de PPdeG, PSdeG e BNG, Alfonso Rueda, Pablo García e Montse Prado, reúnense esta tarde na sede da CRTVG para negociaren os termos dos debates electorais previos ao 21-O
A Consellería de Industria ordenoulles aos seus funcionarios ocultar informes contrarios a empresas eólicas. Cóntao o diario El País.