Tarde de intensas treboadas en moitos puntos de Galicia. No centro e interior do país rexistráronse xa case 5.000 raios durante a xornada, tal e como recolle Meteogalicia.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/577d4440b51f1-raios.jpg)
Tarde de intensas treboadas en moitos puntos de Galicia. No centro e interior do país rexistráronse xa case 5.000 raios durante a xornada, tal e como recolle Meteogalicia.
Condenado a sete anos e medio de prisión o mozo acusado de colocar un artefacto explosivo na casa consistorial de Baralla. A defensa chegou a un acordo coa Fiscalía, que inicialmente reclamaba 27 anos de cadea.
O Culturgal 2016 xa ten máis da metade do seu espazo reservado. A feira das industrias culturais presentou este mércores en Pontevedra a súa imaxe e lema deste ano, ademais de adiantar algunhas das novidades do certame, que se celebra na cidade en decembro.
ENCE insta o alcalde de Pontevedra a "admitir as súas derrotas" e nega que, como anunciou Lores, a súa prórroga poida ser denunciada ante os tribunais da UE porque é "conforme á lei". Recólleo Pontevedra Viva
Os xornais do grupo La Capital suxiren no seu editorial que a voceira do Concello de Madrid, Rita Maestre, "inaugure" o "día sin bañador". Este grupo edita o Diario de Arousa, o Diario de Bergantiños, El Ideal Gallego e Diario de Ferrol, que a pasada semana tivo que pedir desculpas pola publicación dun artigo homófobo ante as protestas do seu persoal e do Colexio de Xornalistas.
O Informe Chilcot, presentado esta mañá, conclúe que as informacións sobre a existencia de armas de destrución masiva en Iraq "foron presentadas cunha certeza que non estaba xustificada" e sinala que o Reino Unido participou na invasión "antes de esgotar todas as opcións pacíficas para o desarme". Tamén nega a afirmación de Blair de que era imposible predicir os problemas posteriores á invasión
A Xustiza absolve os tres mozos sinalados pola Policía como "cúpula de Anonymous".
Ás 12 horas preséntase o Informe Chilcot, que analiza o papel do Reino Unido na invasión a Iraq. A investigación foi impulsada polos familiares dos 179 británicos no conflito e aprobada por Gordon Brown, e as súas conclusións poderían comprometer a situación de Tony Blair
As entidades profesionais que agrupan aos actores e actrices, guionistas e realizadores/as galiegos/as, así coma a AGAPI, o Observatorio Audiovisual de Galicia e a Academia Galega do Audiovisual, rexeitan "o desmantelamento" do CGAI e os recortes de persoal e prazas previstos, que se consumarán hoxe. Chaman a participar na concentración convocada ás 11.30 na sede da EGAP.
A metade dos contribuíntes galegos (o 46,5%) declara que gaña menos de mil euros ao mes. Os que ingresan máis de 150.000 euros anuais crecen un 5%