Ás 12 horas preséntase o Informe Chilcot, que analiza o papel do Reino Unido na invasión a Iraq. A investigación foi impulsada polos familiares dos 179 británicos no conflito e aprobada por Gordon Brown, e as súas conclusións poderían comprometer a situación de Tony Blair
Fálase
As entidades profesionais que agrupan aos actores e actrices, guionistas e realizadores/as galiegos/as, así coma a AGAPI, o Observatorio Audiovisual de Galicia e a Academia Galega do Audiovisual, rexeitan "o desmantelamento" do CGAI e os recortes de persoal e prazas previstos, que se consumarán hoxe. Chaman a participar na concentración convocada ás 11.30 na sede da EGAP.
A metade dos contribuíntes galegos (o 46,5%) declara que gaña menos de mil euros ao mes. Os que ingresan máis de 150.000 euros anuais crecen un 5%
O PSOE mantén a súa negativa a votar un goberno do PP e a recibir os apoio, por activa ou por pasiva, de partidos independentistas. Rajoy reunirase tamén con ERC e CDC na súa rolda de consultas
Venezuela desaparece das portadas da prensa española de papel despois das eleccións, destaca eldiario.es nunha análise. Nas semanas anteriores aos comicios o tema apareceu en unha de cada cinco primeiras planas.
Eldiario.es entrevista a Pablo Iglesias, que destaca que "dan os números" para un pacto co PSOE. "Se dá un paso adiante, estudiarémolo", sinala.
Aínda conservas o carné do Xabarín? A TVG sortea 30 suadoiros do club entre persoas maiores de idade que fosen socias do programa e conserve o mítico cartón. As bases, na web da Galega.
O Tribunal Supremo confirma a sentenza que ordena demoler parte dun edificio de Construcuatro en Sanxenxo por invadir os 20 metros de protección da servidume de protección do dominio público marítimo. A obra foi levantada cando Telmo Martín era alcalde e conselleiro delegado da empresa construtora
A irmá da muller asasinada en Becerreá denuncia o "abandono total" da Xunta. Denuncia a "cadea de erros" cometidos pola administración cando a vítima pediu axuda e seguiu as "recomendacións dos profesionais"
Morre o director iraniano Abbas Kiarostami aos 76 anos de idade. Autor de filmes como Onde está a casa do meu amigo? ou O sabor das cereixas