Morre o director iraniano Abbas Kiarostami aos 76 anos de idade. Autor de filmes como Onde está a casa do meu amigo? ou O sabor das cereixas
Fálase
A sonda espacial Juno chega á órbita de Xúpiter despois de cinco anos de viaxe. Nos vindeiros 20 meses dará 37 voltas ao redor do planeta xigante
Urkullu sitúa un acordo sobre os presos de ETA como clave para un apoio do PNV ao PP. A flexibilización da política penitenciaria, o achegamento de presos e o traspaso da xestión poderían estar entre as esixencias dos nacionalistas vascos.
Marea Granate denuncia que as cifras de emigración quintuplican as ofrecidas polo INE. Sinala que non se contabilizaron os rexistros temporais nos consulados nin as altas na seguridade social doutros países.
Pedro Sánchez proporá ante os seus baróns un "non rotundo" a Rajoy, pero iniciará unha rolda de consultas antes do Comité Federal do PSOE deste sábado.
Feijóo e Marina Castaño coinciden na inauguración polo Rei dunha exposición sobre Cela na Biblioteca Nacional que chegará ao Gaiás en outono. O presidente xustificou que a Xunta non exerza accións contra a viúva por malversación na Fundación Cela, delito que si ven a xuíza e o fiscal.
O pleno da Coruña aproba unha condena do franquismo e a realización dunha homenaxe a persoal do Concello represaliado pola ditadura, así como de actividades sobre memoria histórica cadrando co 80º aniversario do golpe de 1936. A moción do BNG foi aprobada por todos os grupos agás o PP, que se ausentou do pleno previamente porque, acusa, o goberno local "non cumpre as mocións" aprobadas.
O líder do UKIP presenta a súa dimisión. Nigel Farage asegura que a vitoria do Brexit era o seu único obxectivo político.
O paro rexistrado descendeu en 13.144 persoas en Galicia en xuño. Son 21.742 inscricións menos nas oficinas de emprego que hai un ano. As afiliación á Seguridade Social aumentaron en 8.749 nese mes e en 13.998 en termos interanuais.
A asociación profesional de bombeiros forestais de Galicia, Apropiga, critica o dispositivo de prevención e extinción de incendios forestais de Medio Rural polo seu carácter "fragmentado, privatizado, precarizado e desprofesionalizado". Este venres iniciouse a tempada de perigo alto de incendios forestais,