Marea Granate denuncia que as cifras de emigración quintuplican as ofrecidas polo INE. Sinala que non se contabilizaron os rexistros temporais nos consulados nin as altas na seguridade social doutros países.
Fálase
Pedro Sánchez proporá ante os seus baróns un "non rotundo" a Rajoy, pero iniciará unha rolda de consultas antes do Comité Federal do PSOE deste sábado.
Feijóo e Marina Castaño coinciden na inauguración polo Rei dunha exposición sobre Cela na Biblioteca Nacional que chegará ao Gaiás en outono. O presidente xustificou que a Xunta non exerza accións contra a viúva por malversación na Fundación Cela, delito que si ven a xuíza e o fiscal.
O pleno da Coruña aproba unha condena do franquismo e a realización dunha homenaxe a persoal do Concello represaliado pola ditadura, así como de actividades sobre memoria histórica cadrando co 80º aniversario do golpe de 1936. A moción do BNG foi aprobada por todos os grupos agás o PP, que se ausentou do pleno previamente porque, acusa, o goberno local "non cumpre as mocións" aprobadas.
O líder do UKIP presenta a súa dimisión. Nigel Farage asegura que a vitoria do Brexit era o seu único obxectivo político.
O paro rexistrado descendeu en 13.144 persoas en Galicia en xuño. Son 21.742 inscricións menos nas oficinas de emprego que hai un ano. As afiliación á Seguridade Social aumentaron en 8.749 nese mes e en 13.998 en termos interanuais.
A asociación profesional de bombeiros forestais de Galicia, Apropiga, critica o dispositivo de prevención e extinción de incendios forestais de Medio Rural polo seu carácter "fragmentado, privatizado, precarizado e desprofesionalizado". Este venres iniciouse a tempada de perigo alto de incendios forestais,
O filme John From, de João Nicolau, gaña a primeira edición do Festival Internacional de Cinema de Pontevedra Novos Cinemas
José Precedo relata en eldiario.es os diferentes sumarios de corrupción nos que está implicado Raúl López, propietario de Monbus e o máis importante empresario do sector en España. Investíganse os seus pagamentos a cargos de Defensa para facerse con adxudicacións de transporte do Exército
A operación saída complícase coas demoras e cancelacións de voos que está a rexistrar Vueling en boa parte das súas rutas, tamén en Galicia. A Generalitat convocou á empresa para pedirlle un “cambio de actitud”.