A operación saída complícase coas demoras e cancelacións de voos que está a rexistrar Vueling en boa parte das súas rutas, tamén en Galicia. A Generalitat convocou á empresa para pedirlle un “cambio de actitud”.
Fálase
Sabucedo celebra esta fin de semana a súa Rapa das Bestas, festa de interese turístico internacional.
Veciños de Arteixo protestan en caravana contra a peaxe na AG-55. Eles téñena que pagar, pero os tráficos que a empregan para acceder ao Porto Exterior están liberados.
Podemos celebra este mediodía na Estrada o seu Consello Autonómico e pola tarde unha xuntanza con votantes da formación para analizar os resultados das pasadas xerais.
Hai dez anos do accidente do metro de Valencia no que morreron 43 persoas. Unha simple baliza programada correctamente teríao evitado, como tamén tería evitado, entre outras moitas medidas posibles, o accidente de Angrois de 2013 no que houbo 81 mortos.
Obras e meteoroloxía condicionan a Operación saída que está en marcha. A DGT estrea cinco novos radares en Galicia e estima que este ano as estradas galegas rexistrarán nove millóns de desprazamentos, un 3% máis que o ano pasado.
O piano da familia de Rosalía volve a casa. A fundación da autora restaura o instrumento que doara Gala Murguía á coral Follas Novas da Coruña.
Entra en vigor a restrición de acceso á praia das Catedrais ou de Augas Santas. En verán a Xunta regula que só a visiten 4.812 persoas cada día.
As grandes farmacéuticas pagaron máis de 230 millóns de euros a médicos e organizacións en España en 2015. As empresas aseguran que a metade vai a proxectos de investigación.
O presidente da Deputación de Lugo presenta a reorganización do seu goberno tras a saída do BNG, con Álvaro Santos como novo vicepresidente. Darío Campos afirma que as primeiras medidas para aplicar os orzamentos de 2016 terán "un primeiro impacto económico no conxunto do territorio lugués durante este mes de case 11 millóns de euros".