Aínda conservas o carné do Xabarín? A TVG sortea 30 suadoiros do club entre persoas maiores de idade que fosen socias do programa e conserve o mítico cartón. As bases, na web da Galega.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/577bc42115ce3-xabarinnews.jpg)
Aínda conservas o carné do Xabarín? A TVG sortea 30 suadoiros do club entre persoas maiores de idade que fosen socias do programa e conserve o mítico cartón. As bases, na web da Galega.
O Tribunal Supremo confirma a sentenza que ordena demoler parte dun edificio de Construcuatro en Sanxenxo por invadir os 20 metros de protección da servidume de protección do dominio público marítimo. A obra foi levantada cando Telmo Martín era alcalde e conselleiro delegado da empresa construtora
A irmá da muller asasinada en Becerreá denuncia o "abandono total" da Xunta. Denuncia a "cadea de erros" cometidos pola administración cando a vítima pediu axuda e seguiu as "recomendacións dos profesionais"
Morre o director iraniano Abbas Kiarostami aos 76 anos de idade. Autor de filmes como Onde está a casa do meu amigo? ou O sabor das cereixas
A sonda espacial Juno chega á órbita de Xúpiter despois de cinco anos de viaxe. Nos vindeiros 20 meses dará 37 voltas ao redor do planeta xigante
Urkullu sitúa un acordo sobre os presos de ETA como clave para un apoio do PNV ao PP. A flexibilización da política penitenciaria, o achegamento de presos e o traspaso da xestión poderían estar entre as esixencias dos nacionalistas vascos.
Marea Granate denuncia que as cifras de emigración quintuplican as ofrecidas polo INE. Sinala que non se contabilizaron os rexistros temporais nos consulados nin as altas na seguridade social doutros países.
Pedro Sánchez proporá ante os seus baróns un "non rotundo" a Rajoy, pero iniciará unha rolda de consultas antes do Comité Federal do PSOE deste sábado.
Feijóo e Marina Castaño coinciden na inauguración polo Rei dunha exposición sobre Cela na Biblioteca Nacional que chegará ao Gaiás en outono. O presidente xustificou que a Xunta non exerza accións contra a viúva por malversación na Fundación Cela, delito que si ven a xuíza e o fiscal.
O pleno da Coruña aproba unha condena do franquismo e a realización dunha homenaxe a persoal do Concello represaliado pola ditadura, así como de actividades sobre memoria histórica cadrando co 80º aniversario do golpe de 1936. A moción do BNG foi aprobada por todos os grupos agás o PP, que se ausentou do pleno previamente porque, acusa, o goberno local "non cumpre as mocións" aprobadas.