Marea Ártabra insta a BNG e Podemos a crear unha "candidatura unitaria" en Ferrol. A plataforma insiste en "sumar forzas" para crear unha lista que "sexa quen de gañar" a alcaldía.
Fálase
O Tribunal Constitucional suspende a lei catalá que prohibía o fracking. Admite o recurso que presentara o Goberno español contra a normativa do Govern.
A cúpula dos fiscais apoia a querela contra Artur Mas polo 9N. A xunta de fiscais de sala apoia a Torres-Dulce para se querelar contra o presidnete da Generalitat, a vicepresidente e a conselleira de Educación.
O Festival de Cine Internacional de Ourense entregou os premios do seu V Certame OUFFescola, que premia os mellores traballos audiovisuais en galego realizados por escolares. Persoas, do IES Cacheiras e Troco, do CEIP San Xoan de Filgueiras, gañadores en secundaria e primaria. Participaron 76 filmes, nos que traballaron máis de dous mil rapaces e rapazas.
O TSXG confirma 23 novas imputacións na Operación Zeta. As declaracións das 30 persoas imputadas iniciaranse en febreiro, comezando por Gerardo Crespo o día 2.
Compostela acollerá do 28 ao 30 de novembro a feira de arte contemporánea Cuarto Público, que utilizará un hotel e as súas habitacións como espazos expositivos. A feira busca a "participación democrática de artistas" e a "inclusión da cidadanía"
Repsol iniciou este martes as perforacións no subsolo canario, na procura de petróleo. En medio día confirmou que acadara xa un cento de metros de profundidade
O PP de Madrid volveu contratar o seu xerente un día despois de ser despedido polas 'black'. Foi dado de alta un día despois de que fora dado de baixa polo PP estatal.
O Sergas licitará por 50 millóns o equipo e os produtos dos futuros laboratorios do Chuvi para seis anos.
Facenda endurece o control de gastos e débedas da Xunta, concellos e deputacións. Establece novos prazos e documentación queu deben remitirlle as administracións.