O persoal do Sergas poderá traballar máis aló dos 65 anos. Sanidade dá marcha atrás nos retiros forzosos iniciados en 2013.
Fálase
A Unión de Consumidores, acusación partitular no caso da hepatite C. A organización entende que os feitos investigados "afectan a un dereito tan fundamental como é o dereito á saúde e o acceso aos tratamentos axeitados"
Manuel Rivas e María do Cebreiro, Premios da Crítica en galego. O escritor foi premiado pola novela O último día de Terranova e a autora por O deserto.
Unha concentración reivindica os dereitos dos animais tras os casos das vacas mortas en varias explotacións galegas. Lamentan que se sacrificasen malia haber opcións para evitalo.
Unha concentración reclama en Compostela pasaxe segura para as persoas refuxiadas e contra o acordo UE-Turquía. Foto de Galiza ContraInfo.
A militancia de En Marea decide non apoiar o pacto PSOE-C's. Máis do 95,5% dos participantes na consulta amósanse en contra do acordo. Participou case o 50% do censo de rexistrados no espazo de confluencia. Máis información, nuns minutos en Praza.
Falece un rapaz de quince anos, xogador do Muxía, no descanso do partido que xogaba esta mañá ante o Fisterra.
As Mareas en Común celebran arestora en Sada a súa sexta xuntanza, a denominada Marea Viva, onde tomará as "principais decisións" para o proceso de confluencia de cara ás autonómicas e tras aprobar os seus principios básicos.
O TSXG obriga o Sergas a facer indefinidas a traballadores con contratos encadeados. Noutra sentenza, xa ratificara que esa práctica é "fraudulenta" e supón un "abuso de dereito e infracción dos dereitos básicos dos traballadores".
O Básquet Coruña vence o Breogán (90-86) no primeiro partido do play-off de cuartos de final da LEB Ouro nun partido con importante presenza da afección lucense. O COB Ourense caeu pola mínima en Burgos (73-72).