Mar Barcón ratifica que o PSdeG "facilitará" a investidura de Xulio Ferreiro e desbota un pacto co PP para impedir que goberne a Marea Atlántica. Recólleo Europa Press

Mar Barcón ratifica que o PSdeG "facilitará" a investidura de Xulio Ferreiro e desbota un pacto co PP para impedir que goberne a Marea Atlántica. Recólleo Europa Press
A galega Verónica Boquete ficha polo Bayern de Múnic logo de abandonar o Frankfurt, co que acadou a Liga de Campións.
A galega Verónica Boquete ficha polo Bayern de Múnic logo de abandonar o Frankfurt, co que acadou a Liga de Campións.
Os sindicatos cifran nun 40% o boicot á reválida e a Confapa destaca que a ausencia de alumnos é maior no rural que nas cidades pola dificultade de "conciliación". A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público manifestouse contra a proba. Máis información, hoxe en Praza.
O PP perdeu 513 maiorías absolutas en todo o Estado. O partido podería deixar de gobernar sobre 17 millóns de cidadáns en España, segundo os datos que achega El Mundo.
Os alumnos de 3º de Primaria realizan hoxe a reválida entre o boicot de moitas familias e o rexeitamento da comunidade educativa. Uns 22.000 alumnos están convocados a unha polémica proba. Máis información, hoxe en Praza.
Podemos Catalunya ábrese a unha candidatura de confluencia para as vindeiras autonómicas ao xeito de Barcelona en Comú pero mantén a idea de empregar as súas propias siglas.
O PPdeG rexistra o maior descenso de votos nos partidos xudiciais de Vigo e da Coruña. Na área viguesa cae nun 45% o número de apoios, mentres que na coruñesa descende un 25%.
De Lara cita como testemuñas unha concelleira e cinco funcionarios por un contrato de Vendex na Coruña. Investígase o posible amaño do concurso de limpeza do Ágora en 2012.
Feijóo cre que o PP "precisa autocrítica que non pode quedar en palabras". O presidente da Xunta reclama "feitos e decisións" tras os malos resultados da súa formación o pasado domingo.