
Fálase
Os antidisturbios cargaron esta mañá contra os traballadores do sector cefalopodeiro que se manifestaban ante San Caetano, segundo recolle Europa Press, que salienta que unha das persoas feridas é un mozo de 15 anos. Hai escasos días a conselleira do Mar pediu "respecto" no Parlamento para estes axentes porque "tamén son traballadores".
Galiza Ano Cero vén de publicar a súa primeira entrevista. O protagonista é o profesor e activista Boaventura de Sousa.
Paralizado o desafiuzamento dunha muller vítima de violencia machista que vive coas súas dúas fillas nun piso alugado, cuxo propietario está desaparecido. A vivenda está en Valencia e a entidade que reclama o pagamento é Novagalicia Banco. En Público.es
Os novos directivos de RTVE non conseguen remontar os seus informativos. Tras anos como líderes, en xuño os Telediarios foron superados de novo en audiencia polos espazos de novas de Telecinco e Antena 3, segundo recolle PR Noticias.
Os emigrantes comézanse a mobilizar polas multas de Facenda. Un colectivo protesta hoxe ante a Axencia Tributaria de Pontevedra contra as sancións que lles impoñen polo cobro de pensións do estranxeiro.
A Xunta asegura na Radio Galega que estudará denunciar a Joaquín Almunia se o naval ten que devolver o tax lease. A proposta de devolución será aprobada se lle dá o visto e prace todo o Colexio de Comisarios, con 20 membros conservadores e 7 progresistas.
O DOG publica hoxe a convocatoria de subvencións ao talento audiovisual da Agadic. Están dotadas con 66.000 euros.
Hoxe comeza a época de alto risco de incendios en Galicia. O número de emerxencia para avisar dun incendio é o 085 #SeVesLume085
O PP pagou un aloxamento e comidas de luxo e mais sobresoldos a Javier Arenas, segundo informa El Diario