O alcalde, Ángel Currás e o ex alcalde Conde Roa acompañan no xulgado os sete edís composteláns que hoxe son xulgados por prevaricación. Unha concentración cidadá recibiunos ao berro de "corruptos".

O alcalde, Ángel Currás e o ex alcalde Conde Roa acompañan no xulgado os sete edís composteláns que hoxe son xulgados por prevaricación. Unha concentración cidadá recibiunos ao berro de "corruptos".
Máis de 4.200 transportistas reclamaron xa a Facenda a devolución do céntimo sanitario. O 60% das empresas entregaron as súas facturas á Axencia Tributaria.
Feijóo pasará a maioría do que queda da campaña fóra de Galicia. Apoiará o PP en Cataluña, Andalucía e o País Vasco, segundo conta La Voz de Galicia.
O PP gañaría as eleccións europeas con oito puntos sobre o PSOE, segundo unha enquisa para El Mundo. A candidatura da esquerda onde se inclúe AGE acadaría seis escanos e a de BNG e Bildu, un.
#europeas2014 Axenda de campaña
A Policía incrementa os seus dispositivos de vixilancia para o Parlamento e os membros do Goberno galego. Cóntao Faro de Vigo.
Esta mañá son xulgados 7 dos 13 edís do goberno do Concello de Santiago por presunta prevaricación. Toda a información, hoxe en Praza.
Un edil do PP relatoulle á Fiscalía as presuntas irregularidades do alcalde do Porriño. Cóntao El País.
O Racing de Ferrol cae 2-0 ante o Nàstic de Tarragona no primeiro partido da primeira eliminatoria polo ascenso a Segunda División A. O equipo galego terá que remontar na Malata.
Ningún dos equipos galegos que loita por subir a Segunda B logrou gañar no primeiro partido das eliminatorias. O Somozas caeu 3-1 ante o Valladolid B, o mesmo resultado co que perdeu o Cerceda ante o Tenerife B. O Boiro caeu na Rioxa ante o Náxara (2-1) e o Pontevedra non pasou do empate (1-1) ante o Portugalete.