#debate2013 Os grupos parlamentarios presentaron esta mañá as súas propostas de resolución do debate. Toda a información, esta tarde en Praza.
Fálase
Mondoñedo estuda unirse á lista de concellos galegos que asumirán o copago de fármacos hospitalarios. A senda iniciada por Riotorto seguírona xa Pol, Ribadeo, Monforte, Pedrafita, A Pobra de Brollón, Lugo, Betanzos, Teo ou Vilanova de Arousa. Outros moitos rexedores meditan tamén se aplicar a medida.
Accionistas minoritarios de Pescanova piden a imputación de conselleiros, dos responsables da auditora e das entidades bancarias que daban créditos á compañía.
A CIG completou onte a segunda xornada das súas marchas polo emprego. Hoxe, a mobilización da central sindical nacionalista continúa en Compostela, Ferrol, Sober, Monterrei e Vilagarcía.
Duran advírtelle a Rajoy que Cataluña "declarará a independencia unilateralmente" se non actúa e lidera unha resposta do Estado.
Repsol trasladarase a punta Langosteira pero o oleoduto seguirá atravesando A Coruña. A empresa recibirá unha indemnización de 25 millóns de euros pola súa marcha do centro da cidade.
Quen edita máis páxinas da Wikipedia? Os wikipedistas ou os bots? A enciclopedia conta con 700 bots que axudan na edición e corrección das súas 31 millóns de páxinas. Este contador amosa en tempo real o número de edicións realizadas.
Un estudo da Universidade de Washington, publicado este martes, cifra en medio millón o número de mortes que provocou a Guerra de Irak. O 60% son directamente atribuibles á violencia e o resto foron provocados polo colapso das infraestructuras ou o desmantelamento da sanidade
BBVA e La Caixa acusan o FROB de beneficiar a Guggenheim na poxa de NCG. As dúas entidades estarían dispostas agora a pagar por facerse co banco galego.
O Tribunal de Estrasburgo paraliza o desaloxo do bloque de edificios de Salt (Girona), ocupado pola PAH. 700 activistas reuníranse este martes para evitar a expulsión.