Repsol trasladarase a punta Langosteira pero o oleoduto seguirá atravesando A Coruña. A empresa recibirá unha indemnización de 25 millóns de euros pola súa marcha do centro da cidade.
Fálase
Quen edita máis páxinas da Wikipedia? Os wikipedistas ou os bots? A enciclopedia conta con 700 bots que axudan na edición e corrección das súas 31 millóns de páxinas. Este contador amosa en tempo real o número de edicións realizadas.
Un estudo da Universidade de Washington, publicado este martes, cifra en medio millón o número de mortes que provocou a Guerra de Irak. O 60% son directamente atribuibles á violencia e o resto foron provocados polo colapso das infraestructuras ou o desmantelamento da sanidade
BBVA e La Caixa acusan o FROB de beneficiar a Guggenheim na poxa de NCG. As dúas entidades estarían dispostas agora a pagar por facerse co banco galego.
O Tribunal de Estrasburgo paraliza o desaloxo do bloque de edificios de Salt (Girona), ocupado pola PAH. 700 activistas reuníranse este martes para evitar a expulsión.
Manuel Fernández de Sousa, ex presidente de Pescanova, recoñece de "non funcionamos ben, é algo que non debeu pasar" e acusa á banca de fomentar a concesión de créditos irregulares á empresa
Portugal recorta o salario dos funcionarios e sobe as taxas a gasolina, alcohol e tabaco, co obxectivo de aforrar 3900 millóns de euros
Segue sen haber acordo nos Estados Unidos para evitar a suspensión de pagos, ante o bloqueo dos sectores máis extremistas dos republicanos. Os mercados financeiros, á alza, confían nun pacto de última hora, pero Ficht advirte de que baixará a nota crediticia dos EE.UU. se non hai acordo antes de mañá.
#debate2013 Feijóo comeza a derradeira intervención da xornada. A información, esta noite en Praza.
#debate2013 Feijóo comeza a derradeira intervención da xornada. A información, esta noite en Praza.