O Goberno central declara a Festa do Albariño de Cambados de Interese Turístico Internacional e a Xunta celébrao cunha foto de Feijóo nas súas contas en Twitter e Facebook.

O Goberno central declara a Festa do Albariño de Cambados de Interese Turístico Internacional e a Xunta celébrao cunha foto de Feijóo nas súas contas en Twitter e Facebook.
O Parlamento crea unha comisión de investigación sobre o accidente do Marisquiño co voto a favor de En Marea e BNG, a abstención do PP e a negativa do PSdeG. Consulta aquí toda a información.
Flora Miranda (En Marea) e Patricia Otero (PSdeG) toman posesión esta mañá como novas deputadas do Parlamento. Substitúen respectivamente a Magdalena Barahona, que deixou o escano por problemas de saúde, e a José Antonio Quiroga, nomeado presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
As notas do máster da ministra Montón foron manipuladas meses despois da fin do curso, segundo informa este martes eldiario.es.
Feijóo e os presidentes de Asturias, A Rioxa, Aragón, Castela-A Mancha e Castela e León asinan en Zaragoza unha declaración conxunta na que reclaman un novo financiamento autonómico que teña en conta dispersión e avellentamento da poboación.
Soraya Sáenz de Santamaría abandona a política. A ex-vicepresidenta do Goberno vén de comunicarllo a Pablo Casado, ante o que perdeu en xullo a loita por facerse co control do PP. En Galicia, Santamaría contara co apoio expreso de Baltar, mentres que Casado recibiu o respaldo da contorna de Feijóo.
O compostelán Borja Golán celebra en Santiago o seu segundo campionato europeo de squash, que logrou o pasado día 3 en Austria. "Pasei de pensar na retirada por unha lesión a conseguir o campionato de Europa. Síntome fortalecido para o que veña", sinalou tras ser recibido pola corporación municipal da capital galega.
Coca-Cola pagou oito millóns en España por investigacións que mellorasen a súa imaxe, segundo un estudo de dous científicos que recolle GCiencia.
A ministra Montón alega que cursou o seu máster "a distancia" e afirma que non cometeu ningunha "irregularidade" para obtelo. Eldiario.es está a ofrecer as declaracións da titular de Sanidade ao fío da exclusiva deste xornal.
Os socialdemócratas mantéñense como forza máis votada nas eleccións suecas, mais cun forte ascenso da ultradereita.