Feijóo e os presidentes de Asturias, A Rioxa, Aragón, Castela-A Mancha e Castela e León asinan en Zaragoza unha declaración conxunta na que reclaman un novo financiamento autonómico que teña en conta dispersión e avellentamento da poboación.

Feijóo e os presidentes de Asturias, A Rioxa, Aragón, Castela-A Mancha e Castela e León asinan en Zaragoza unha declaración conxunta na que reclaman un novo financiamento autonómico que teña en conta dispersión e avellentamento da poboación.
Soraya Sáenz de Santamaría abandona a política. A ex-vicepresidenta do Goberno vén de comunicarllo a Pablo Casado, ante o que perdeu en xullo a loita por facerse co control do PP. En Galicia, Santamaría contara co apoio expreso de Baltar, mentres que Casado recibiu o respaldo da contorna de Feijóo.
O compostelán Borja Golán celebra en Santiago o seu segundo campionato europeo de squash, que logrou o pasado día 3 en Austria. "Pasei de pensar na retirada por unha lesión a conseguir o campionato de Europa. Síntome fortalecido para o que veña", sinalou tras ser recibido pola corporación municipal da capital galega.
Coca-Cola pagou oito millóns en España por investigacións que mellorasen a súa imaxe, segundo un estudo de dous científicos que recolle GCiencia.
A ministra Montón alega que cursou o seu máster "a distancia" e afirma que non cometeu ningunha "irregularidade" para obtelo. Eldiario.es está a ofrecer as declaracións da titular de Sanidade ao fío da exclusiva deste xornal.
Os socialdemócratas mantéñense como forza máis votada nas eleccións suecas, mais cun forte ascenso da ultradereita.
Feijóo retruca ás protestas do persoal dos medios públicos alegando que "non" ve os programas nin os informativos da TVG non "porque non me gusten", senón por falta de tempo, pero contrapón o "modelo" da canle galega fronte ao de RTVE tras as mudanzas dos últimos meses. Afirmouno nunha entrevista na Cadena SER
A ministra de Sanidade obtivo un máster con diversas irregularidades no mesmo centro da Universidade Rey Juan Carlos que os cuestionados títulos de Cristina Cifuentes e Pablo Casado. É unha información exclusiva que revela este luns eldiario.es. Esta foi a reacción á nova de Carmen Montón, que comparece ante a prensa esta mañá.
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, tentará ser de novo alcalde de Ferrol. “Non volvo porque nunca me fun”, di, segundo conta Ferrol360. No que vai de ano celebrou 38 actos como conselleiro nesa cidade, só por detrás de Santiago.
Feijóo, un dos baróns do PP que, xunto con Soraya Sáenz de Santamaría, non asiste á primeira xunta directiva de Pablo Casado, celebrada en Barcelona. Na reunión si estivo a galega Ana Pastor, presidenta do Congreso.